Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 323 novas da área temática Audiovisual:

21/08/22 | 14:03

A Xunta formou máis de 2.400 persoas en seguridade laboral durante o primeiro semestre de 2022

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) organizou 33 accións de formación e información para facer fronte ás demandas técnicas e de seguridade e saúde laboral

09/08/22 | 14:16

A Xunta entrega os diplomas aos 20 participantes no obradoiro de emprego de Palas de Rei, Portomarín e Monterroso

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que se investiron 347.000 euros no proxecto, que formou a traballadores desempregados en mantemento de xardíns e en promoción turística

09/08/22 | 10:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta ofrece case unha trintena de cursos destinados aos servizos de emerxencias no marco do plan de formación continua da AGASAP

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os cursos de formación continua dirixidos a persoal das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, servizos de extinción de incendios e salvamento, grupos de emerxencias supramunicipais (GES) e servizos municipais de protección civil e emerxencias

08/08/22 | 12:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Fernández-Tapias clausura o obradoiro de emprego xuvenil de Vigo no que se formaron 16 alumnos en deseño gráfico web e dinamización de proxectos

A delegada territorial de Xunta incidiu no fin de mellorar a empregabilidade e incrementar as oportunidades laborais do alumnado cunha formación de calidade

08/08/22 | 11:59

A Xunta colabora coas tres universidades galegas para o desenvolvemento dunha nova edición do máster en Xestión e Dirección Laboral

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade asinou cos reitores da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo un acordo para levar a cabo esta iniciativa
 

05/08/22 | 15:45 | A Presidencia da Xunta

Rueda gaba o compromiso de Urovesa coa Formación Profesional orientada ao emprego cualificado e de calidade

Garante a plena colaboración da Xunta ao proxecto de Formación, Emprego e I+D+I desta empresa de vehículos especiais co que pretende contratar a máis dun cento de persoas na área de mecánica, electricidade e pintura do automóbil

05/08/22 | 11:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As escolas de arte e superiores de deseño da Coruña e de Lugo, as primeiras en incorporarse ao modelo plurilingüe da Xunta

Coa implantación do PluriArt nestas ensinanzas de réxime especial, dáse cumprimento a un dos obxectivos da Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras 2030

02/08/22 | 14:50

O 95% dos alumnos do obradoiro dual de emprego Rehabilitación da casa peóns camiñeiros en Culleredo acceden a un traballo en empresas da contorna

A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, participou hoxe na clausura desta iniciativa que a Xunta apoiou cunha achega próxima aos 350.000 euros

02/08/22 | 14:42 | C. de Economía e Industria

Artesanía de Galicia volve encher O Courel cos oficios artesanais desde mañá mércores ata o domingo

A Xunta impulsa a segunda edición do evento Artesanía de Galicia no Courel, coa colaboración do Concello de Folgoso e da Fundación Uxío Novoneyra

28/07/22 | 18:24

Preto de 200 traballadores do naval melloran en Narón a súa cualificación a través de Empreganav, un plan de apoio á recuperación do emprego neste sector

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou hoxe nesta localidade unha das accións formativas que se ofertan no marco do proxecto autonómico de apoio ás persoas sen emprego do sector auxiliar do naval galego