Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 468 novas da área temática Administración pública:

01/01/22 | 12:00 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O 85% dos galegos optaron pola xestión online coa Xunta no 2021

En dous ano creceu case un 60% a porcentaxe da cidadanía que prefire a tramitación telemática coa Administración autonómica

30/12/21 | 14:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Concello de Rodeiro no equipamento e nos gastos de xestión enerxética e ambiental

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López, as melloras levadas a cabo na eficiencia enerxética dos núcleos de poboación municipal e no equipamento do servizo municipal de abastecemento de auga

29/12/21 | 11:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
22/12/21 | 11:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon a disposición dos concellos o Plan de medidas antifraude para a correcta tramitación e uso dos fondos Next Generation

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, participou na xornada “A importancia dos plans antifraude nos concellos: da xestión dos fondos europeos á xestión do público”, organizada pola Fegamp

16/12/21 | 15:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora no acondicionamento da casa reitoral de San Vicente de Pedrera para dedicala a local social da asociación de veciños Peizal-Outeiro

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobaron hoxe os traballos realizados na instalación eléctrica, os accesos, a traída de augas e o mobiliario

15/12/21 | 14:26 | A Presidencia da Xunta

Feijóo enxalza ao Parlamento como o lugar no que latexa sen cesar o corazón do país e onde "o poder da palabra" é capaz de aproximar mesmo aos que están máis distantes

Referiuse á mostra como o lugar no que as xeracións vindeiras non verán a representantes de distintos partidos políticos, senón a galegos pioneiros que deron voz a un país que non a tiña

14/12/21 | 19:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoiou con 600.000€ a 43 asociacións da área de Vigo na reforma dos seus locais sociais e na dotación de equipamento

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitaron hoxe as melloras realizadas na sede da Asociación de Veciños, Consumidores e Usuarios de Beade no marco das axudas concedidas pola Xunta este ano ás entidades veciñais

10/12/21 | 16:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta encargará unha enquisa para coñecer a percepción da cidadanía sobre os procesos de fusión municipal

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, presidiu hoxe a primeira reunión da comisión de seguimento do convenio entre a Xunta e a Fundación Juana de Vega para o estudo da planta local galega e o impulso de novas fusións municipais, no que se enmarca esta enquisa