Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

29/07/21 | 16:36 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

A Xunta inicia os trámites da ampliación do CHUS, que incrementará en máis de 30.000 m2 a súa capacidade

Feijóo precisa que se executarán dous edificios, un deles incluirá áreas de diagnóstico, tratamento, servizos centrais e unidades de hospitalización; e o outro albergará o hospital de día e as consultas externas

29/07/21 | 10:09 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 18.776 casos activos por coronavirus

Un total de 133.336 pacientes xa están curados

28/07/21 | 15:04 | C. de Sanidade

Galicia incrementa a súa capacidade diagnóstica cun acordo coas oficinas de farmacia para integrar no sistema público os resultados dos autotest realizados nelas

As farmacias expedirán documentos acreditativos de proba diagnóstica negativa tras realizar a proba na propia oficina, previa sinatura de consentimento informado e baixo o asesoramento do persoal farmacéutico

28/07/21 | 10:49 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 18.535 casos activos por coronavirus

Un total de 132.502 pacientes xa están curados

27/07/21 | 11:48 | C. de Sanidade

A posta en marcha do Plan de Recuperación da Actividade Asistencial permite reducir os tempos medios de espera na sanidade pública galega respecto ao pasado ano

Esta redución foi de preto de 40 días para probas diagnósticas, de máis de 30 para intervencións cirúrxicas e de 23 para primeiras consultas

27/07/21 | 10:50 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 18.061 casos activos por coronavirus

Un total de 131.719 pacientes xa están curados

26/07/21 | 10:18 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 17.298 casos activos por coronavirus

Un total de 131.185 pacientes xa están curados

23/07/21 | 19:10 | C. de Sanidade

A Xunta licita o proxecto do centro integral de saúde para a cidade de Ourense

O plan funcional que agora se plasmará en proxecto arquitectónico contempla a reforma integral do actual Centro de Saúde Nóvoa Santos, incrementando as alturas do edificio e a súa conversión en CIS

23/07/21 | 18:37 | C. de Sanidade

A Xunta ofrecerá mañá a realización de test de antíxenos nas sete grandes cidades galegas

Dispositivos móbiles do SERGAS realizarán tests de antíxenos á poboación que non dispoña da pauta completa de vacinación e emitirán o correspondente certificado