Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

17/09/21 | 13:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Os traballos de pavimentación nos últimos espazos do nó dos Concheiros, en Santiago, suporán afeccións ao tráfico a partir do luns

Será necesario o corte de acceso de entrada á rúa do Home Santo desde o nó dos Concheiros, mudando o sentido de circulación nesta rúa, á que se accederá desde a rotonda de Bombeiros

17/09/21 | 13:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lembra que os protocolos covid si permiten a instalación de barracas, con fórmulas que garantan a seguridade

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que se prohiben expresamente en concellos con nivel de restrición máxima, esixindo nos demais casos medidas para asegurar a distancia e os aforos

16/09/21 | 12:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza obras de mellora da seguridade en varios puntos da estrada autonómica OU-113, no treito coincidente coa Vía da Prata ao seu paso por Laza

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comezou a semana a execución dunha cuneta transitable no treito que vai de Feces de Abaixo a Laza por Verín para favorecer o tránsito dos peregrinos

16/09/21 | 11:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta remata as obras de mellora do firme na estrada LU-721 na Fonsagrada, ás que destinou 68.000 euros

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a actuación incluíu o repintado da sinalización horizontal en toda a lonxitude da vía, de 12,2 quilómetros

15/09/21 | 14:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez trasládalle ao concello de Noia que a futura Lei de xestión do ciclo da auga permitirá achegar solucións integrais e definitivas para as necesidades do municipio en materia de saneamento

A lei facilitará os investimentos na mellora dos sistemas, coa corresponsabilidade das administracións, e asegurará a correcta prestación dos servizos ao asumir a Xunta a explotación das infraestruturas dos concellos que así o soliciten

15/09/21 | 14:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de mellora do abastecemento ao parque empresarial e aos núcleos das Quintás e da Ría, en Vilamarín

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, entregoulle hoxe estas infraestruturas hidráulicas ao Concello

15/09/21 | 13:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comparte co consorcio de xestión de servizos medioambientais da Deputación de Badaxoz a súa experiencia de traballo na xestión da auga en Galicia

Vázquez Mourelle traslada o apoio técnico e económico que presta a Xunta aos concellos no desenvolvemento das súas competencias municipais de saneamento e abastecemento para unha mellor prestación dos servizos da auga aos cidadáns

15/09/21 | 12:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG o cambio de titularidade a prol do concello de Sada dos treitos iniciais das vías autonómicas AC-162 e AC-163 ao seu paso polo municipio

Transfírense os treitos das estradas autonómicas que se corresponden coa avenida da Mariña, a avenida da República de Arxentina, a avenida de Sada e Contornos

14/09/21 | 15:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta propón manter a parada orixinal do bus ao Carqueixo para garantir a seguridade viaria

O delegado territorial lembra que a intensidade de tráfico na LU-530 é de 10.000 vehículos ao día o que complica a localización da parada na rotonda desta vía

14/09/21 | 13:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investirá preto de 37.000 euros na instalación dun sistema de videovixilancia no polígono industrial de Xinzo de Limia

O delegado territorial explicou que o sistema contará con cámaras de visión nocturna especialmente deseñadas para o recoñecemento de matrículas, conectadas todas elas a un equipo conmutador de rede, xestionado por un servidor con software específico de control