Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta de Galicia achega 100.000 euros ao Concello de Mugardos para mellorar as instalacións da escola infantil municipal
? Crearase unha sala de profesores, uns vestiarios e aumentarase o tamaño do comedor e a cociña
Feijóo ofrece novamente ao Goberno central a experiencia da Comunidade para xestionar de forma rápida o ingreso mínimo vital
Lembra que neste momento esta prestación só está a chegar ao 10% do total das persoas que terían dereito a ela
A Xunta destaca a coordinación co resto das administracións e as entidades sociais fronte á exclusión
Exemplos dese traballo conxunto son a Axenda Social de Galicia e a Historia Social Única Electrónica
Os centros de servizos sociais terán que presentar por vía electrónica as queixas dos usuarios para reducir os tempos de tramitación
Os centros deberán presentar as reclamacións de forma electrónica para que os servizos de inspección reciban a documentación inmediatamente
A Xunta facilita o acceso a información en lingua de signos cun novo convenio coa Federación Galega de Persoas Xordas
O acordo ascende a 32.500 euros e permitirá á entidade actualizar a súa web e redes sociais con contidos en lingua de signos
A Xunta participa na andaina da Fundación Ingada para apoiar ás nenas e nenos con trastornos por déficit de atención e hiperactividade
Esta iniciativa procura sensibilizar á cidadanía en xeral sobre as necesidades destes menores e as súas familias
Política Social apoia a estrea da curtametraxe galega ‘Lilith’, que dá visibilidade ás persoas que teñen a súa autonomía limitada
A Cidade da Cultura acolleu a primeira proxección deste filme que relata o día a día de nove mulleres que forman parte da federación
Fabiola García agradece a rectificación do Goberno central na distribución dos fondos do 0,7% do IRPF que permitirá achegar ás entidades sociais de Galicia 17,1 M€
Galicia incrementará en 3,2 millóns a asignación con respecto ao 2019
A nova residencia de maiores de Pontevedra ocupará unha das mellores parcelas da cidade para acoller un dos centros máis avanzados de Europa
O futuro centro integral público de atención ás persoas maiores construirase preto do Hospital Provincial, do centro de saúde da Parda e das estacións de tren e de autobús
A Xunta destina máis de 770.000 euros a financiar 11 unidades de atención temperá na provincia da Coruña, catro de nova creación
Este servizo é básico para identificar, previr e actuar sobre os trastornos que poidan sufrir no seu desenvolvemento nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade