Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

07/09/21 | 20:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Volve o ‘Festival Internacional Outono de Teatro’ de Carballo coa axuda da Xunta pola liña de apoio a certames de artes escénicas

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade apoia a cita con máis de 42.000 euros, a maior cifra outorgada na última convocatoria de subvencións a este tipo de eventos

07/09/21 | 14:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A 14ª edición do FICBueu ofrece 10 días de cinema e actividades paralelas co apoio da Xunta

O Festival Internacional de Curtametraxes da localidade pontevedresa é un dos 14 eventos adxudicatarios da convocatoria anual de axudas a festivais audiovisuais, que este ano aumentou o seu orzamento ata os 200.000 euros

07/09/21 | 13:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta contribúe á celebración do 25º aniversario dos Premios de Teatro María Casares

O director de Industrias Culturais participou hoxe na presentación da entrega dos galardóns, que retoma o seu formato presencial cunha gala este xoves no Teatro Rosalía Castro da Coruña

07/09/21 | 13:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O XI Festival Peregrinos Musicais programa desde o sábado máis dunha ducia de concertos de música sinfónica co apoio da Xunta

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou na presentación do certame que inclúe un concurso no que, como novidade, o Goberno autonómico impulsa un premio final de 1.000€ e a actuación como solista coa Real Filharmonía de Galicia

06/09/21 | 14:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta patrocina o Revenidas de Vilaxoán a través da marca Fest Galicia e o escenario Xacobeo 21-22

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou na presentación desta edición adaptada do festival, que se desenvolve do xoves 9 ao domingo 12 cunha quincena de concertos no seu recinto e unha ampla oferta de actividades paralelas

06/09/21 | 13:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e Afundación levan a Vigo 'As Miradas de Isaac' para difundir a figura de Díaz Pardo

A exposición homenaxe ao impulsor de Sargadelos, do Laboratorio de Formas ou do Museo Carlos Maside chega a VIgo tras ser visitada por máis de 30.000 persoas nas súas estancias en Santiago e A Coruña

06/09/21 | 12:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia un ano máis a Bienal Internacional de Cartelismo Terras Gauda-Concurso Francisco Mantecón

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente do Grupo Terras Gauda, José Mª Fonseca Moretón, ratificaron hoxe o acordo para a creación dun concurso con Turismo de Galicia ao que acceden os finalistas e premiados da Bienal, entre os que se escollerá a imaxe que promocionará as dúas próximas edicións das Xornadas de Portas Abertas das Rutas do Viño

05/09/21 | 13:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta amplía a convocatoria de Clubs de Lectura á etapa de primaria e duplica o seu orzamento

En total destinaranse 400.000€ a este programa, fronte aos 200.000 de 2020

05/09/21 | 12:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A mostra ‘Os brancos segredos do seu ventre’ despídese do Gaiás tras congregar 34.000 visitantes

A exposición organizada pola Xunta exhibiu no Museo Centro Gaiás unha escolma dos fondos da Fundación Rosón de Arte Contemporánea (Rac), unha das coleccións privadas de creación actual máis destacadas de España

04/09/21 | 18:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un portal creado nas redes sociais fai visible a parte máis descoñecida dos Ancares co apoio da Xunta

‘O Argueiro dos Ancares’, presentado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, naceu como traballo de fin de grao de Lucía Rodríguez, veciña de Navia de Suarna e graduada en Publicidade e Relacións Públicas