Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Un cento de empresas galegas ofrece material de protección fronte ao COVID-19 a través da plataforma online activada pola Xunta
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destaca que as compañías da Comunidade están demostrando a súa capacidade “para reinventarse no contexto actual e para desenvolver novos produtos”
A Xunta avalará ata 1.500 euros de anticipo aos traballadores cun ERTE autorizado e que aínda non cobraron as prestacións do Goberno central
Feijóo di que o número de contaxios, pacientes en UCI e hospitalizados constata que estamos nunha fase descendente e advirte que neste novo escenario a prevención é fundamental: “A volta á nova normalidade si, pero a relaxación social non”
A Xunta agradece á empresa coruñesa Carmen Vázquez a súa participación na confección de 32.000 batas médicas para o Sergas
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo unha reunión telemática con responsables da compañía, que elaborou parte do lote subministrado coa coordinación do Clúster Téxtil (Cointega)
A Xunta reparte 332.000 mascarillas entre as empresas da provincia de Pontevedra
O Goberno galego quere chegar a enviar esta semana ata dous millóns deste material de protección que será repartido a través das confederacións de empresarios, colexios profesionais e clusters
A Xunta entregou o primeiro envio de 452.000 mascarillas a empresas e autónomos que retomaron a súa actividade na provincia da Coruña
A Administración autonómica encárgase da subministración e as máscaras están sendo facilitadas ao mesmo prezo ao que as adquire a Xunta
Economía e Turismo avalían co sector turístico medidas específicas que faciliten o mantemento do tecido empresarial
Os conselleiros de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e Cultura e Turismo, Román Rodríguez, reuníronse co Clúster Turismo de Galicia para analizar a situación actual e traballar no escenario de saída da crise sanitaria
O coworking da Mariña mantén de xeito telemático a formación e o asesoramento dos 22 emprendedores participantes
A aceleradora con sede en Mondoñedo, promovida pola Xunta e a Escola de Organización Industrial (EOI), continúa a súa actividade de impulso de novas iniciativas empresariais con titorías e aprendizaxe en liña
A Xunta avalía coas entidades da economía social medidas para favorecer a súa recuperación
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro con representantes do Foro Económico e Social
Feijóo constata que Galicia está a conter a pandemia e salienta que a Xunta recibiu xa 30.000 test de dobre banda que adquiriu para detectar os positivos activos e os inmunizados
Avanza a realización dun estudo epidemiolóxico nunha porcentaxe considerable da poboación galega para ter estimacións fiables e afrontar as vindeiras semanas