Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Fabiola García inaugura un novo ciclo de exposicións para poñer en valor o labor das entidades do eido da familia e a infancia
Defendeu a colaboración como a mellor maneira de multiplicar esforzos que aseguren unha infancia feliz para todos os nenos, con independencia de onde nazan
A Xunta aposta polo turismo inclusivo coa posta en marcha do centro asistencial e turístico de Aspanaes no Monte do Gozo
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, visitaron hoxe as obras de rehabilitación e adaptación do novo centro, no marco do Plan de Revitalización do Monte do Gozo
A Xunta de Galicia destina máis de 100.000 euros á ampliación das instalacións de Down Lugo
A contía achegada polo Goberno galego para mellorar a infraestrutura procede da distribución dos fondos do 0,7% do IRPF
Fabiola García participa no programa de voluntariado dixital en residencias posto en marcha pola entidade Acolle
O Goberno galego colabora na financiación desta iniciativa con máis de 22.000 euros procedentes da distribución dos fondos do 0,7% do IRPF
A Xunta inicia os traballos para a reforma da Lei de inclusión social de Galicia en colaboración coas entidades sociais
O obxectivo é adaptar a Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga) e as Axudas de Inclusión Social (AIS) ao novo contexto xurdido coa posta en marcha do Ingreso Mínimo Vital
O centro de día de Miño acollerá aos seus primeiros usuarios no mes de decembro
O centro dispón dunha capacidade máxima de 30 prazas
Feijóo salienta o incremento en 2021 dos fondos para atención á discapacidade con 126 M€ para consolidar a Galicia das oportunidades
Precisa que esta achega permitirá a creación de oito novas unidades de atención temperá, ata chegar a un total de 35; e a posta en marcha do concerto social para os centros de atención á discapacidade
Feijóo destaca a posta en marcha de equipos de intervención rápida para actuar coa máxima celeridade e atallar o avance do virus nunha residencia intervida
Explica que haberá un equipo por cada provincia, que estará conformado por un mínimo de 10 auxiliares de enfermería
A delegada territorial da Xunta en Vigo e o director xeral de Maiores e Discapacidade visitan a asociación de Dano Cerebral de Vigo
Marta Fernández-Tapias e Fernando González Abeijón puxeron en valor que a Xunta financia 609 prazas polas que achega máis de 7,8 millóns de euros na cidade
A Xunta achegou 27.000 euros ao Concello do Incio para construír un parque infantil en Vila de Mouros
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou hoxe a nova infraestrutura, situada xunto ao local social do lugar do Barrio