Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta aborda co comité de expertos económicos os tres primeiros proxectos tractores para reactivar a economía tras a pandemia a través da tecnoloxía, a biodiversidade e a economía circular e verde
“Presentamos tres proxectos tractores deseñados co comité de expertos: viables, con demanda e que teñen moito que ver coa Comunidade e co obxectivo de mobilizar investimento, innovación e emprego”, di o presidente da Xunta
O DOG publica a orde que permite anticipar a uns 27.000 agricultores e gandeiros ata 210 M€ da PAC a interese cero tras o acordo entre a Xunta e varias entidades financeiras
O Diario Oficial de Galicia convoca hoxe a orde de axudas da Consellería do Medio Rural para o pagamento da comisión inicial de apertura destinada aos beneficiarios dos préstamos de adianto das axudas da PAC no ano 2020
A Xunta promociona o consumo de produtos alimentarios galegos en apoio ao sector primario e en defensa dunha dieta sa e equilibrada
José González destacou que a cidadanía é máis estrita co que consome e tamén está máis concienciada en axudar aos produtores galegos
Os veciños da parcelaria de Trazo, no concello homónimo, poderán tomar posesión dos seus predios o vindeiro 31 de xullo
O director xeral de Desenvolvemento Rural vén de asinar este trámite que permite aos veciños entrar nas parcelas concentradas
A Xunta súmase ás demandas dos produtores de planta ornamental e flor cortada e doutras comunidades para reclamar ao estado axudas directas ao sector
O Goberno galego insta ao ministro de Agricultura, Pesca y Alimentación a defender en Bruxelas unhas empresas que acumulan perdas superiores aos 440 millóns de euros por mor da crise da covid-19
A Xunta axiliza o pagamento das axudas para a mellora de infraestruturas rurais nos concellos galegos
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe dúas modificacións da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural sobre a resolución do Plan Marco de camiños municipais e a das axudas para a rehabilitación de mercados locais
A Xunta rematará de aboar nos vindeiros días as axudas da PAC de 2019 a máis de 20.000 gandeiros e agricultores galegos
Os pagamentos correspóndense coas axudas directas da convocatoria que tamén regula as achegas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control
A Xunta avanza no desenvolvemento das aldeas modelo ourensás de Penedo-Boborás e Trabazón-O Irixo con proxectos agrogandeiros en ecolóxico
Técnicos da Consellería do Medio Rural reuníronse cos alcaldes de ambos municipios e cos promotores que van implantar actividades de produción de gando porcino e aviar autóctono nestes núcleos de poboación
A Xunta reforza a implicación dos GDR na reactivación económica e social do rural galego para superar as dificultades provocadas pola emerxencia sanitaria
José González puxo en valor a dinámica participativa destas asociacións e a súa dilatada experiencia na xestión do desenvolvemento e dinamización dos territorios rurais, polo que sinalou que a súa contribución pode ser decisiva