Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Conde apela ao esforzo compartido entre administracións e tecido empresarial para impulsar a reactivación económica de Galicia
Asegura que saír pronto e nas mellores condicións da crise económica é unha tarefa común que require diálogo, unidade e determinación
Feijóo destaca a importancia da detección precoz do virus para controlar rebrotes e avanza que Galicia disporá de 400.000 novos test
Afirma que con este novo paquete de test de dobre banda, dos cales 100.000 xa foron entregados ao Sergas, Galicia reforza a súa capacidade de análise
O Comité de Expertos Económicos avoga por flexibilizar a xornada laboral e establecer bonificacións nas cotas á Seguridade Social
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, participou hoxe no encontro, no que tamén se demandou a desvinculación dos ERTE de forza maior do mantemento do estado de alarma e deducións fiscais para incentivar a recuperación do emprego
A Xunta reitera ao Goberno central que é imprescindible que estableza un prezo eléctrico competitivo para a industria electrointensiva en Galicia
Conde asegura que o Executivo non ten escusas para poñer fin a esta desconexión cun sector estratéxico da economía galega
A Xunta define co sector cultural medidas para paliar os efectos da crise e garantir o emprego e o tecido empresarial
Os conselleiros de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e Cultura e Turismo, Román Rodríguez, reuníronse con membros das industrias culturais para analizar a situación actual e traballar no escenario posterior ao coronavirus
A Xunta traslada aos comerciantes de Valdeorras o compromiso da Xunta coa reactivación económica do sector
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo unha videoconferencia con representantes da Asociación Empresarial de Valdeorras e do Centro Comercial Aberto do Barco
O comité de expertos económicos de Galicia propón unha vintena de medidas para conter os efectos da crise do coronavirus
As medidas afectan ao conxunto das administracións e teñen como obxectivo facilitar liquidez a través do adiamento de impostos, anticipos bancarios e un aumento dos créditos ás empresas
Os traballadores afectados por ERTES que están pendentes do Goberno para cobrar as súas prestacións poden solicitar xa un anticipo á Xunta de Galicia
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, indica que a Administración autonómica “tomou a iniciativa” para que as familias poidan dispoñer de liquidez mentres non reciben as prestacións do Estado
A Xunta avalía coa industria da automoción medidas para velar pola seguridade e a saúde dos traballadores
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro con representantes do Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga) no que destacou a necesidade de combinar a reactivación da actividade coa protección do persoal
A Xunta realiza unha consulta ao tecido empresarial galego para fabricar novos produtos que axuden a previr e combater o COVID-19
O presidente do Goberno galego visitou hoxe en Silleda a empresa Arlit, que reorientou a súa actividade e vén de entregar ao Sergas máis de 30.000 pantallas protectoras faciais