Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

26/06/20 | 14:55 | C. do Medio Rural

A Xunta entrega ao concello de baleira os títulos da concentración parcelaria de Pousada

Esta reorganización do territorio afectou 1.210 hectáreas propiedade de 178 veciños e veciñas

26/06/20 | 10:04 | C. do Medio Rural

O DOG publica a orde de Medio Rural que permite anticipar ata o 50% do importe de determinadas axudas deste departamento

Trátase dunha medida que forma parte do Plan de liquidez posto en marcha pola Consellería para apoiar ao sector agrario galego

25/06/20 | 18:25 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 10 millóns de euros a fomentar a cooperación e a concentración empresarial tras a emerxencia sanitaria

José González destacou esta medida por actuar como panca de competitividade e produtividade entre o tecido empresarial galego

25/06/20 | 10:25 | C. do Medio Rural

A Xunta amplía o orzamento das axudas para mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que incrementa en case 121.000 euros o importe dispoñible para estas achegas, co que o presuposto supera agora os 724.000 euros

23/06/20 | 14:17 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca a cuarta edición dos premios Exceleite ás mellores explotacións de vacún de leite de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a correspondente orde da Consellería do Medio Rural

23/06/20 | 13:14 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Feijóo anima a seguir apostando pola transformación en produtos de alto valor engadido como a mellor garantía de futuro para o lácteo galego

Salienta que Galicia conta con outros sectores, ademais do gandeiro, que están a demostrar que vivir do rural é rendible: como o vitivinícola, coa súa capacidade para ser cada día máis internacional; a conserva e o forestal

22/06/20 | 14:58 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta solicita ao Goberno central que habilite unha liña específica do ICO para o sector do viño co fin de paliar os efectos da emerxencia sanitaria de cara á vendima deste ano

Sinalou que é preciso asegurar que o Real Decreto Lei recentemente aprobado que modifica a cadea alimentaria garante prezos que cubran os custos de produción aos operadores do sector primario

20/06/20 | 11:03 | C. do Medio Rural

A Xunta crea a Rede de avisos fitosanitarios en materia forestal

A ferramenta, situada na Oficina Virtual do Medio Rural, informa de xeito continuo das novas que se produzan en materia de pragas e doenzas forestais

18/06/20 | 12:06 | C. do Medio Rural

A Xunta destina máis de 10 millóns de euros a impulsar a promoción, venda e internacionalización dos produtos galegos de calidade tras a emerxencia sanitaria

José González avanzou medidas como a potenciación da marca Galicia Calidade, o deseño dun plan de internacionalización ou a creación de mercados singulares en localizacións emblemáticas das catro provincias