Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

19/10/21 | 15:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén repasa cos empresarios de San Cibrao os recentes investimentos da Xunta nesta área empresarial

O delegado territorial da Xunta en Ourense trasladoulle, entre outras actuacións, que a Xunta licitará este ano as obras para a construción dun tanque de tormentas no polígono empresarial no que o Goberno galego investirá preto de 300.000 euros

19/10/21 | 14:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez adianta que a Xunta destinará o vindeiro ano 1,15 M€ á ampliación da rede de saneamento de Padrón

Vázquez Mourelle avanza que os Orzamentos da Xunta do vindeiro ano inclúen, ademais, unha partida de 1,43 M€ para a redución do risco de inundación nos ríos Ulla e Sar

19/10/21 | 13:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investirá 2,4M€ nos novos xulgados da Estrada coa previsión de comezar a obra na primavera

Con 1.817 metros cadrados, o edificio constará dun soto para os arquivos, dunha planta baixa para os espazos públicos e dunha primeira planta na que se construirán os dous xulgados, que poderían entrar a funcionar na primavera do 2023

19/10/21 | 13:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que a Xunta investirá o vindeiro ano 2,7 M€ na mellora do abastecemento de Teixeiro e do polígono industrial de Curtis

Executarase unha nova captación de auga para o abastecemento e ampliarase a estación potabilizadora para servir a unha poboación de preto de 5.200 habitantes no ano horizonte 2042

19/10/21 | 12:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que a Xunta plasma nos orzamentos de 2022 o seu compromiso de investir 20M€ na recuperación da fachada marítima da Coruña

Subliña a necesidade de que o Concello se dote tamén de respaldo orzamentario e financeiro para poñer en marcha canto antes a recuperación da fachada marítima

18/10/21 | 16:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta incrementará o vindeiro ano un 25% as axudas para a formación de transportistas, elevando o investimento ata os 500.000 euros

O Goberno galego traslada a súa sensibilidade ante os problemas que afronta o sector de transporte de mercadorías por estrada, derivados fundamentalmente do incremento do prezo dos combustibles

17/10/21 | 12:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comezará este luns novos traballos de limpeza nas marxes das estradas autonómicas nas provincias da Coruña, de Lugo e de Ourense

Iniciaranse estas tarefas na estrada AC-552, no municipio coruñés de Vimianzo; na LU-540 ao seu paso polos municipios lucenses de Muras e de Xermade; e na OU-402, nos concellos de Ourense, de Barbadás e de Castrelo de Miño

16/10/21 | 12:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de mellora do firme na estrada AC-453 ao seu paso polos concellos de Ames e de Val do Dubra farán necesario un corte de tráfico a partir do luns

Este corte, que se prolongará ata o 19 de novembro, manterase durante a xornada de traballo, restablecéndose a circulación normal ao final do día

16/10/21 | 11:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia novos traballos de reforzo da seguridade viaria na estrada OU-113 en Laza, no treito coincidente coa Vía da Prata

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a levar a cabo melloras entre os puntos quilométricos 19+500 e 20+490

15/10/21 | 14:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a execución das obras de reforzo da seguridade viaria na estrada AC-453 ao seu paso por Ames, no treito coincidente co Camiño de Fisterra

A actuación desenvólvense no tramo desta vía autonómica comprendido entre os puntos quilométricos 1+840 e 3+410, nas zonas con baixa visibilidade para os vehículos que circulan en dirección a Roxos, en sentido decrecente, e en treitos con beiravías