Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

07/01/21 | 13:23 | C. de Política Social e Igualdade

Fernández-Tapias destaca en Down Vigo o apoio da Xunta á igualdade de oportunidades a través do programa de formación universitaria para mulleres

A delegada territorial da Xunta informou de que cinco entidades da área territorial reciben apoios baixo o eixe común da loita pola igualdade de oportunidades

07/01/21 | 12:20 | C. de Política Social e Igualdade

Publicado o decreto que desenvolve o concerto social para flexibilizar e axilizar a creación de prazas públicas de atención

Con este novo procedemento crearase unha bolsa de entidades que están en condicións de ofrecer prazas a partir duns criterios preestablecidos, o que permitirá ofertar servizos alí onde as persoas destinatarias os precisan

07/01/21 | 11:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta recibe á presidenta de ATOX Ourense

O delegado territorial animou ao representantes da entidade a seguir traballando na planificación e ordenación de actuacións que atallen os múltiples problemas no uso e abuso de drogas e outras adiccións; tarefas para as que contan coa total colaboración e compromiso do Goberno galego

03/01/21 | 13:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Consellería de Política Social destinou case 370.000 euros a mellorar os seus centros de Lugo a través dos contratos deste ano

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que a Xunta executou obras de reforma e acondicionamento e renovou o equipamento de instalacións destinadas á prestación de diferentes servizos sociais

02/01/21 | 10:56 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta publica a licitación das obras na residencia de maiores de Burela ás que destinará máis de 190.000 euros

Mediante esta actuación realizarase unha substitución e instalación de carpinterías exteriores e novas ventás nas catro plantas de habitacións do centro

02/01/21 | 10:48 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta publica a licitación das obras no CAPD da Coruña ás que destinará preto de 480.000 euros

As empresas interesadas deberán presentar a súa proposta antes do 19 de xaneiro

01/01/21 | 12:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta incrementa as horas do servizo de axuda no fogar a persoas dependentes en 30 municipios lugueses

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que estes concellos ofrecerán ás persoas usuarias 160.000 horas anuais máis de asistencia domiciliaria

01/01/21 | 12:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias cifra nun 33,52% o incremento das horas do servizo de axuda no fogar en oito concellos da área de Vigo

A delegada da Xunta de Galicia en Vigo informa do aumento en máis de 300.000 horas superando o millón anual nos concellos de Baiona, Cangas, Gondomar, Moaña, Mos, O Porriño, Salvaterra de Miño e Vigo

01/01/21 | 08:04 | C. de Política Social e Igualdade

O Cegadi acolle un proxecto de terapia acuática para impulsar a autonomía de persoas con algunha patoloxía neurolóxica

Cogami desenvolve esta actividade innovadora na piscina do Centro Galego de Desenvolvemento Integral emprazado en Santiago de Compostela

30/12/20 | 12:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense recibe ao presidente de ACCU Ourense

O delegado territorial animou ao representantes da entidade a seguir actuando polo desenvolvemento individual das persoas afectadas e informou de que a Consellería de Política Social xa puxo en funcionamento un baño adaptado no centro socio comunitario de Ourense, e lembroulle a existencia de baños ostomizados no edificio administrativo da Xunta de Galicia e no edificio xudicial