Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

30/11/22 | 12:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez anuncia a licitación das obras do novo colector do río Sardiña, que culminarán o saneamento da Malata grazas a un investimento de 900.000 €

Vázquez Mourelle explica que a previsión é adxudicar as obras no verán para inicialas a continuación e rematalas xa en 2023
 

29/11/22 | 18:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Galicia, Castela e León e Asturias reforzan a acción conxunta para o impulso das infraestruturas do Corredor Atlántico Noroeste

O noroeste intensificará os actos comúns para reforzar a reivindicación ante o Goberno de España e a UE de investimentos na modernización e mellora da súa rede de comunicacións

29/11/22 | 15:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
29/11/22 | 14:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 90.000 euros a redacción do proxecto básico e de execución das obras do novo centro de saúde de Boborás

As ofertas deberán incluír unha idea global do edificio e da súa urbanización, coa concepción construtiva e instalacións, integrando a madeira no seu deseño e dando unha resposta tecnolóxica que garanta o baixo consumo enerxético

28/11/22 | 18:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste 1,1 M€ para ampliar a oferta educativa e mellorar as instalacións do instituto de Mos

O conselleiro anuncia a inminente licitación da ampliación deste centro por 750.000 euros que permitirá acoller novos ciclos de FP Básica

28/11/22 | 17:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta retoma a execución das obras de mellora do saneamento de Pontedeume, ás que se destina un investimento total de máis de 4,2 M€

Reactívase a actuación de mellora do sistema de tratamento de augas residuais, que inclúe a construción dun novo colector, tanque de retención e un bombeo

As dificultades internas da empresa adxudicataria motivaron unha paralización dos traballos que agora se retoman coa limpeza e montaxe de equipos na zona das obras, paso previo á execución dos muros interiores

28/11/22 | 16:27 | C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Rueda subliña os intereses comúns de Galicia e Asturias por unha financiación autonómica que atenda a dispersión poboacional

Demanda ao Goberno unha reforma do modelo de financiación baseada nunha xustiza distributiva para as CC.AA con poboación envellecida e dispersa e alerta que unha negociación bilateral poría en “pé de guerra” ás comunidades que quedan fóra

28/11/22 | 14:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Patrimonio Cultural autoriza ao Concello de Vigo a humanización da Praza de San Mauro en Matamá

A Dirección Xeral comunica ao Concello de Vigo o seu informe favorable á actuación na parroquia con varias condicionantes sobre o documento municipal presentado

28/11/22 | 11:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de renovación da rede de abastecemento de Magros, no concello de Beariz, logo dun investimento de preto de 93.000 euros

Habilitouse unha nova rede de abastecemento nos barrios de Aldea de Arriba e Aldea de Abaixo, que asegura un caudal de auga mínimo ás vivendas e ás bocas da rega
 

27/11/22 | 12:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia este luns traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas das comarcas de Verín e de Valdeorras

As novas actuacións realizaranse na OU-114 ao paso por Verín; na estrada OU-115 en Monterrei; na OU-637 en Larouco; e en dúas das rotondas da OU-536 ao seu paso pola Rúa