Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 323 novas da área temática Formación:

09/09/22 | 15:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca novas probas Celga para os niveis 2, 3 e 4 na segunda quincena de novembro

Trátase da segunda convocatoria que se efectúa en 2022 e que permite obter os certificados oficiais que acreditan os niveis de coñecemento da lingua galega

09/09/22 | 14:05

Lorenzana pon en valor a alza do investimento que a Xunta destinará en 2022 e 2023 a obradoiros duais de emprego e que superará os 52 M€

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, clausurou en Padrón a acción formativa ‘Comarca do Sar 2021’ na que participaron 18 persoas, tres delas xa atoparon traballo

09/09/22 | 12:28 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza en Becerreá e As Pontes senllas xornadas sobre o uso cosmético da cera de abella

Impartiranse os vindeiros días 16 e 17 de setembro respectivamente, cunha duración de seis horas formativas cada unha

08/09/22 | 11:41

Máis de 3.300 persoas xa participaron nas accións do primeiro plan de formación específico para o sector servizos durante este Xacobeo

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade amplía o prazo límite para a impartición de cursos ata o próximo 30 de novembro

06/09/22 | 15:03

O centro de Aixola inicia o curso con 40 prazas en tres novas accións formativas para o sector pesqueiro

As clases son gratuítas e a inscrición está aberta para as últimas vacantes a través da páxina web da escola

31/08/22 | 11:06 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza en Bergondo unha acción de formación profesional e adquisición de competencias no uso da arte floral con fins comerciais

O curso terá lugar do 6 ao 16 de setembro e levarase a cabo no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Guísamo

30/08/22 | 15:28 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsará a contratación de 15 estudantes de doutoramento en empresas e centros tecnolóxicos

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou no Parque do Pasatempo en Betanzos os traballos da empresa lucense Parteluz, participante na primeira edición do programa de Doutoramento Industrial co que se promove a incorporación de investigadores en formación nas empresas

30/08/22 | 15:00 | C. de Política Social e Igualdade
30/08/22 | 11:03 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza en Boqueixón unha acción de formación profesional e adquisición de competencias en cultivos de outono/inverno na horta ecolóxica

O curso terá lugar os días 5, 7, 12, 14, 19 e 21 de setembro, en horario de tarde, no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude

26/08/22 | 10:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Agasp acolle desde hoxe ata o domingo o encontro profesional de árbitros de balonmán da comunidade

Máis dun cento de participantes entre árbitros da categoría nacional e internacional así como aspirantes en formación recibirán preparación de profesionais expertos nesta actividade organizada pola Federación Galega de Balonmán