Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 773 novas da área temática Emerxencias:

20/07/22 | 14:40 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta salienta a contorna máis solidaria do Camiño na presentación do cupón da ONCE do 25 de xullo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou neste acto no que se deu a coñecer a imaxe dos billetes deste sorteo que lembran a celebración do Xacobeo 2021-2022

19/07/22 | 13:49 | A Presidencia da Xunta

A Xunta promociona Galicia e o Xacobeo coa actividade de estudo e aventura ‘Expeditio Traslatio’ da Ruta Quetzal

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, foi recibido polo director da iniciativa, Íñigo de la Quadra-Salcedo, e acompañou aos 150 mozos participantes no percorrido en caiac polo rio Miño entre os municipios de Tui e A Guarda na terceira etapa
 

17/07/22 | 17:30 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta participa nos actos do XXXVI remonte anual marítimo fluvial conmemorativo da Traslatio Apostólica

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro destacou a importancia da nosa comunidade como un destino inigualable para o desfrute do turismo marítimo e neste caso vinculado ao Camiño de Santiago

14/07/22 | 13:57 | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia promociona o Xacobeo en Londres nun acto que congregou a máis de 100 persoas do sector

A presentación do Xacobeo en Londres, na que participou a directora de promoción do Xacobeo, Carmen Pita, encádrase na rolda de actos organizados pola Xunta para animar, tanto en España como no estranxeiro, a camiñar a Galicia

14/07/22 | 11:36 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 13.783 casos activos por coronavirus

Un total de 645.544 pacientes xa están curados

13/07/22 | 20:25 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

Rueda resalta a proxección global do Xacobeo bianual para Galicia e para España e subliña a súa capacidade para xerar actividade nun momento económico crucial

Celebra as cifras récord do Camiño logo de acadar este mes de xullo, con 180.000 compostelas, a mesma cifra de peregrinos que en todo 2021

13/07/22 | 12:35 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta participa na presentación da Ruta Quetzal “Expedición Traslatio” que dará comezo este sábado en Braga e rematará o 25 de xullo na praza do Obradoiro

A Expedición Traslatio trátase dunha viaxe de estudos e aventura no que 150 mozos revivirán a historia do Apóstolo Santiago

12/07/22 | 19:49 | A Presidencia da Xunta

Rueda pon en valor os nexos que unen a Galicia coa República de Corea a través das peregrinacións como un símbolo universal de tolerancia, respecto e acordo

Salienta a contribución que a República de Corea fai do Camiño de Santiago a través do Jeju Olle Trail, unha ruta creada na illa de Jeju a partir da experiencia xacobea

12/07/22 | 15:17 | A Presidencia da Xunta

O Xacobús da Xunta transporta ata 200 persoas ao día desde Santiago ata Sarria para iniciar o Camiño

Esta liña entre Pedrafita do Cebreiro e Compostela está activa todo o ano para que os peregrinos poidan facer calquera etapa do Camiño Francés ou para a volta á Santiago
 

08/07/22 | 14:04 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta destaca a inversión levada a cabo na conservación e mantemento do trazado e nos albergues do camiño portugués, segunda ruta máis empregada polos peregrinos

Dende o ano 2019 investiuse neste trazado 2,3 millóns de euros para o acondicionamento e sinalización no conxunto do itinerario