Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 125 novas da área temática Comercio:

19/06/20 | 13:17

A Xunta contribúe con 60.000 euros á celebración da 36ª MIT de Ribadavia do 17 ao 27 de xullo

O director da Agadic e o alcalde da localidade ourensá asinan o convenio polo que a Consellería de Cultura e Turismo referenda o seu apoio económico ao evento, do que é unha das principais entidades colaboradoras

12/06/20 | 15:05

A Xunta colabora co filme 'María Solinha' que se estrea cun plan inédito de exhibición en formato de cine de rúa e autocine

O director da Agadic, Jacobo Sutil, participou na presentación da nova longametraxe de Ignacio Vilar incluída nas axudas a producións e coproducións audiovisuais

11/06/20 | 17:48

Román Rodríguez asiste á rodaxe de '3 Caminos', un dos primeiros proxectos que retomou a súa gravación tras o coronavirus

Saudou en Triacastela o equipo técnico e reparto, entre eles os actores Álex González, Verónica Echegui, Anna Schimrigk, Andrea Bosca e Alberto Joo Lee

10/06/20 | 17:21

A Xunta analiza os retos do audiovisual na era poscovid-19 coa cineasta Carla Simón e o fundador de Portocabo, Alfonso Blanco

Será no quinto webinario dos ‘Foros #aculturasegue: reflexións sobre a cultura na era poscovid-19’ terá lugar o venres 12 de xuño ás 17,00 horas conducido polo director da Agadic, Jacobo Sutil, e poderá seguirse en cidadedacultura.gal

28/05/20 | 14:24

A Xunta convoca axudas para as fases de preprodución e difusión internacional do audiovisual galego por 300.000 euros

O DOG publica hoxe as bases de ambas as liñas de apoio, enmarcadas no Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico

05/03/20 | 10:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta anima ás pemes do sector audiovisual a reforzar a aposta pola Industria 4.0 para incrementar a súa competitividade

O director do Igape, Juan Cividanes, participou hoxe no encontro sobre dixitalización e nova industria organizado en Santiago de Compostela en colaboración co Clúster Audiovisual Galego

02/03/20 | 14:50

O cinema feito por e sobre mulleres centra a nova programación bimestral da Xunta no CGAI da Coruña

Ademais do xa tradicional ciclo ‘Olladas de muller’, organizado en colaboración co Consello da Cultura Galega, prolongará a conmemoración do 8 de marzo ata finais de abril con outros cinco especiais cinematográficos

18/02/20 | 17:16

A Xunta e representantes do sector inician as reunións de traballo cara ao Plan integral da danza en Galicia

A primeira xuntanza celebrouse hoxe coa participación do director da Agadic e responsables de colectivos, compañías, festivais e espazos escénicos

12/02/20 | 14:22

A Xunta resolve as axudas a salas privadas de artes escénicas

As salas Ártika e Teatro Ensalle de Vigo, Ingrávida do Porriño e Teatro del Andamio e Gurugú da Coruña integran automaticamente a Rede Galega de Salas en calidade de beneficiarios destas subvencións