Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta apoia a expansión das empresas galegas en México a través dun novo encontro en liña
O próximo martes 9 celebrarase a segunda videoconferencia do ciclo que afonda tamén nas oportunidades para as exportacións galegas en China, Estados Unidos, Marrocos, Perú, Reino Unido, Israel e India
A Xunta convoca os premios Eduemprende Idea 2020 para fomentar o emprendemento entre o alumnado de ensino secundario
O certame impulsa a realización de proxectos empresariais entre o estudantado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas
A Xunta lanza unha nova liña dotada con 6 millóns para grandes empresas galegas que impulsen a creación de centros de fabricación avanzada
Feijóo informa de tres ordes de axuda que permitirán que os concellos galegos contraten máis de 1.600 persoas sen emprego
Feijóo salienta que o Plan de reactivación e dinamización de Galicia estará dotado con 3.043 millóns para reactivar os sectores máis afectados pola pandemia e fortalecer a sanidade, os servizos sociais e o sistema educativo
Avanza que “en Galicia haberá vacacións fiscais ata o 1 de novembro deste ano 2020”, explicando que isto suporá beneficiar a máis de 32.000 familias e deixar de ingresar 35 millóns de euros cada mes
Conde destaca que a economía social será un motor da reactivación económica polo seu compromiso coas persoas e o traballo inclusivo
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta tarde no III Foro Medrando Xuntas que reuniu, de xeito telemático, a un centenar de mulleres vinculadas á economía social galega
Feijóo destaca e agradece as achegas do comité de expertos económicos e o seu compromiso con Galicia para que a pandemia sanitaria non conleve unha profunda pandemia económica e social
Recorda que ao longo destes meses os expertos económicos plasmaron as súas propostas centradas en catro ámbitos: liquidez, relacións laborais, solvencia para as empresas e as actividades económicas, e proposta de dinamización da economía
A Xunta establece unha alianza con outros seis gobernos autonómicos para solicitar ao Estado un marco de diálogo no que se acorden novas medidas de apoio á automoción
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro por videoconferencia con conselleiros de comunidades autónomas nas que está implantada a industria da automoción
A Xunta anima ás executivas galegas a apostar pola dixitalización do tecido empresarial para avanzar na reactivación económica
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta tarde nun webinario organizado pola Asociación de Executivas de Galicia
A Xunta presenta aos axentes sociais o paquete de medidas extraordinarias de conciliación para a infancia e a dependencia
Fabiola García sinala que a volta á normalidade fai preciso devolver os servizos de conciliación ás familias atendendo ás medidas de seguridade
Feijóo apela ao papel clave dos emprendedores para impulsar o modelo económico galego a través de proxectos tractores no ámbito da economía circular, verde, innovadora e dixital
Expón a necesidade de traballar desde este mesmo mes de xuño nestes proxectos, que xa vén madurando o Comité de expertos económicos encargado de asesorar a Xunta sobre o impacto da crise da covid-19