Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta celebra a aprobación pola Autoridade Portuaria da Coruña do proxecto e do convenio para impulsar a conexión ferroviaria de Punta Langosteira
O Goberno galego destaca que este gran avance é posible grazas a que o presidente da Xunta acadou o compromiso do Goberno de España para licitar a conexión
A Xunta fará un esforzo orzamentario sen precedentes para garantir un aforro de ata o 19% na factura do lixo, o que se traducirá en case 9 millóns de euros
O canon de Sogama pola xestión dos residuos urbanos será o máis baixo de España
A Xunta publica o decreto expropiatorio para a execución das sendas peonís e ciclistas en Montealegre e en Valdorregueiro, no Concello de Ourense
O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe o Decreto polo que se declara a utilidade pública dos terreos afectados pola construción dos novos itinerarios proxectados nas estradas autonómicas OU-101 e OU-150
A Xunta publica no DOG o cambio de titularidade a prol do concello de Silleda das vías PO-210 e PO-211 de conexión coas estacións ferroviarias
O obxectivo da transferencia ao municipio é adaptar as vías á súa actual funcionalidade local, derivada do progresivo abandono das estacións de tren de Silleda e Bandeira
A Xunta aborda cos alcaldes da comarca de Ferrolterra a mellora dos servizos de autobús de conexión coa Coruña
O Goberno galego incorporará as achegas dos concellos á proposta que está a redactar a concesionaria para adaptar a oferta de servizos á demanda actual
A Xunta inicia a execución das obras de reforzo do firme na estrada autonómica LU-546, na travesía de Sarria
Esta actuación de mellora da seguridade viaria céntrase no tramo entre os puntos quilométricos 23+380 e 24+290
Ethel Vázquez subliña que a Xunta investirá o vindeiro ano case 38M€ nas estradas autonómicas de Lugo para avanzar na vertebración e no equilibrio territorial
Vázquez Mourelle detalla o investimento de 8 M€ en rematar o treito A Pobra-Sarria centro da autovía Nadela-Sarria, que acada o 60% de execución e estará en servizo en outono de 2022, e para iniciar a redacción do proxecto do treito restante
A Xunta iniciará este luns novos traballos de limpeza nas marxes das estradas autonómicas nas provincias de Lugo, de Ourense e de Pontevedra
Iniciaranse estas tarefas na estrada LU-751, nos municipios de Meira e de Ribeira de Piquín; na OU-536 en Ourense; na OU-402 ao seu paso polos concellos de Ourense, de Barbadás e de Castrelo do Miño; e na Variante de Vilagarcía VG-4.7, que une Carril e Baión
A Xunta adxudica a redacción do proxecto construtivo para a renovación do saneamento no núcleo de Enxames, en Vilardevós
Os traballos, que suporán un investimento autonómico de máis de 17.000 euros, contan cun prazo de execución de 6 meses
A Xunta executa novos traballos de reforzo da seguridade viaria na estrada LU-633 en Triacastela, no treito coincidente co Camiño Francés
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a levar a cabo melloras no cruzamento da ruta xacobea coa vía autonómica, no punto quilométrico 27+580