Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

17/01/20 | 12:50

Medio Ambiente e Concello de Aranga completan a humanización do núcleo da Castellana, no que se investiron case 90.000 euros

A conselleira Ángeles Vázquez visitou o concello coruñés para comprobar o resultado dos traballos na zona, que concluíron o pasado mes de decembro

13/01/20 | 12:58

Arranca a segunda edición do concurso 'Pilabot' en 150 colexios galegos co reto de superar as toneladas recollidas o ano pasado

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou esta mañá o CEIP de Ponzos, en Ferrol, un dos primeiros centros nos que xa se pode empezar a recompilar pilas, baterías usadas e acumuladores

13/01/20 | 11:57

Medio Ambiente publica a orde pola que se declara de forma provisional a Torre de Hércules como Espazo Natural de Interese Local

O Concello de A Coruña terá dous anos para presentar o plan de conservación correspondente, requisito imprescindible para poder obter a declaración definitiva

11/01/20 | 11:33

Unha campaña de Xunta e concello de Arteixo achegou a recollida selectiva da materia orgánica a máis de 12.000 fogares e empresas

O municipio coruñés foi escollido para levar a cabo un dos proxectos demostrativos impulsados pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda nos últimos meses para contribuír á mellora da xestión do lixo urbano

10/01/20 | 14:00

Medio Ambiente e concello de Boimorto impulsarán o programa de compostaxe doméstica no municipio con novos composteiros

A conselleira Ángeles Vázquez e a alcaldesa María Jesús Novo mantiveron unha reunión centrada na mellora da xestión dos residuos municipais e analizaron a posibilidade de aumentar este ano as instalacións destinadas á fracción orgánica

10/01/20 | 12:17

Medio Ambiente converte a Outeiro de Rei nun exemplo para os concellos lucenses á hora de xestionar os biorresiduos

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda coñece o programa de instalación para a implantación de 175 unidades do quinto contedor, para converter esta fracción de lixo en compost ou fonte de enerxía

07/01/20 | 15:14

Medio Ambiente estudará posibles vías para apoiar ao concello de Cariño na redacción do Plan especial do seu casco mariñeiro

O alcalde de Cariño, José Miguel Alonso, reuniuse esta mañá con Ángeles Vázquez para trasladarlle o seu interese en sacar adiante este documento para desenvolver unha zona que, a día de hoxe, está fóra do planeamento vixente dende o ano 2000

06/01/20 | 12:05

Máis de 2.100 persoas participaron nas actividades divulgativas e de formación organizadas por Meteogalicia ao longo de 2019

A maior parte dos visitantes que se achegaron ata o organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente son estudantes de centros de Primaria e Secundaria, de FP e universitarios de ramas como Física ou Enxeñaría Ambiental

04/01/20 | 12:03

Xunta, Ecoembes e concellos chegaron a máis de 60.000 persoas en 2019 con accións formativas e de divulgación sobre reciclaxe

A colaboración entre as tres entidades permitiu levar a recollida selectiva a 671 feiras, feiróns e eventos gastroculturais celebrados por toda a xeografía galega

03/01/20 | 13:21

A Xunta compromete máis de 250.000 euros para unha obra de humanización na rúa A Estrada do concello de Marín

A conselleira Ángeles Vázquez e alcaldesa María Ramallo asinaron un acordo de cooperación polo que a Xunta achegará o 70% do custo e o concello o 30%