Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta comeza as obras de reforzo do firme na estrada Romeán-Bascuas, no concello de Lugo, cun investimento de case 206.000 €
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade leva a cabo esta actuación con cargo ao plan de conservación, nun treito de 4,6 quilómetros
A Xunta investiu máis de 217.000€ en seis concellos na Orde de Infraestruturas de uso público destinada a concellos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte
O delegado da Xunta na Coruña e o alcalde de Coristanco visitaron as obras realizadas no parque infantil municipal que presta servizo ao CRA
A Xunta avanza nas obras de saneamento de Rianxo coa posta en marcha da primeira fase de ampliación da depuradora e a súa conexión co tanque de tormentas
A entrada en funcionamento desta instalación, que se executa en dúas etapas para garantir o tratamento das augas residuais en todo momento, permitirá comprobar o axeitado comportamento da nova infraestrutura de xeito previo ao inicio da segunda fase
11 empresas presentan ofertas para executar as obras que permitirán completar o saneamento no municipio de Irixoa cun investimento de 277.000€
Executaranse 5 ramais en tubaxe nas marxes das estradas, entre elas, na vía autonómica AC-151 e na provincial DP-0905
A Xunta aproba a declaración de impacto ambiental da Variante de Ribeira, que suporá un investimento de máis de 9 M€
Ethel Vázquez detalla que a previsión da Xunta é licitar en 2022 as obras correspondentes á 1ª fase, entre a glorieta do final da autovía do Barbanza e a avenida da Constitución
A Xunta somete a información pública o proxecto de construción dunha senda peonil na estrada AC-404 entre a Ponte e Santa Catalina, en Santa Comba
A actuación de mellora da seguridade viaria e de fomento da mobilidade sostible suporá un investimento autonómico de arredor de 155.000 euros
Os traballos de limpeza nas marxes das estradas da Xunta permitiron desde xullo a roza mecánica de 320 km e actuar nunha superficie de 112.500 m2 de modo manual
Os labores levados a cabo propiciaron a retirada de 1.500 árbores en dominio público de estradas, susceptibles de provocar lumes ou que supoñían un risco de caída na calzada
A Xunta recibe 12 ofertas para ampliar os aparcadoiros do Hospital Materno-Infantil da Coruña e do Naval de Ferrol, que suporán un investimento de preto de 1 M€
As obras nestes dous hospitais públicos iniciaranse a comezos de 2022 e quedarán totalmente rematadas o vindeiro ano, xa que teñen un prazo de execución de seis meses
A Xunta mellora a seguridade viaria na estrada autonómica LU-133 en Ribadeo, no treito coincidente co Camiño Norte
A actuación céntranse na retirada das biondas e na colocación dunha pasarela de madeira de 2 metros de ancho para favorecer o tránsito seguro dos peregrinos
A Xunta comeza as obras da senda peonil na estrada autonómica OU-195 no concello de Pontedeva
A intervención de mellora da seguridade viaria e de fomento da mobilidade sostible conta cun investimento de preto de 50.000 euros e cun prazo de execución de 3 meses