Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta demanda ao Goberno central que clarifique a confusión xerada no sector turístico pola orde de peche de aloxamentos
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participa na Conferencia Sectorial e garante que todas as persoas que necesiten unha praza disporán dela
A Xunta intensifica o contacto cos aloxamentos turísticos para anticiparse ao peche que o Goberno central prevé decretar
A Consellería de Cultura e Turismo coordínase cos establecementos incluídos no rexistro autonómico REAT e fixa unha serie de medidas de acompañamento
Román Rodríguez reúnese con representantes do sector turístico para abordar a situación actual do coronavirus
O conselleiro explica as medidas de prohibición e limitación establecidas desde hoxe nos equipamentos culturais, albergues de peregrinos e eventos, entre outros
Feijóo avanza a posta en marcha de novas actuacións centradas na prevención para conter o contaxio do coronavirus
Anuncia a suspensión das actividades lectivas e extraescolares en todos os niveis educativos, a partir do vindeiro luns e durante 14 días -a partir do luns de forma oficial e a partir de mañá de forma recomendada-
A Xunta celebra na Delegación de Pontevedra unha xornada informativa para asesorar aos propietarios de vivendas de uso turístico das novas ferramentas para cumprir a normativa
Enmárcase no ciclo que o Goberno autonómico está a celebrar en distintos puntos de Galicia para atender dúbidas e explicar a plataforma tecnolóxica que está en marcha para remitir trimestralmente os seus datos de ocupación deste ano
O Xacobeo 2021 suma un novo apoio en Lugo con Torre de Núñez, que aportará 200.000 euros para o impulso do Ano Santo
O representante da Xunta destacou a implicación da firma no obxectivo de amosar “a gastronomía excepcional da nosa terra e o noso patrimonio cultural e natural”
Román Rodríguez agradece o compromiso do tecido empresarial co Xacobeo 2021
O conselleiro de Cultura e Turismo participou hoxe en Vigo nun almorzo-coloquio do Círculo de Empresarios de Galicia no que salientou a importancia da iniciativa privada á hora de apoiar este evento
As empresas ourensás Bodegas Gallegas e Aguas de Sousa súmanse ao patrocinio do Xacobeo 2021 con 320.000 euros
O representante da Xunta agradeceu a implicación de ambas firmas que, coa súa presenza internacional, contribuirán á promoción e divulgación do Ano Santo
Román Rodríguez amósase convencido de que o novo proxecto de Sargadelos será un motor para impulsar o turismo cultural da Mariña lucense
O conselleiro de Cultura e Turismo visitou a fábrica de cerámica en O Cervo na que está previsto crear un conxunto museográfico que inclúa a casa de Isaac Díaz Pardo