Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

12/03/21 | 12:45 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta flexibiliza os requisitos dos concellos e dos usuarios das 63 novas casas do maior que prevé crear este ano

Poderase adherir calquera concello que non teña centro de día ou servizo similar, e non só os que teñan menos de 5.000 habitantes como na actualidade

11/03/21 | 15:15 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza unha partida de máis de 5 M€ para a posta en marcha de 63 casas do maior en concellos do rural

Destaca como novidade que poderán solicitar unha casa do maior todos aqueles concellos que non teñan no seu termo municipal un centro de día ou servizo similar

11/03/21 | 13:20 | C. de Política Social e Igualdade

O programa Xantar na casa da Xunta comeza a funcionar en Melide

Inicia a súa actividade con seis persoas usuarias, podéndose ampliar ata un máximo de dez

10/03/21 | 18:51 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social integra a 40 persoas con discapacidade e necesidades de apoio nos ámbitos laboral e social no Centro de Formación Ocupacional do Saiar

Este servizo, que conta con xestión pública autonómica, foi visitado polo delegado territorial da Xunta, Luis López, quen destacou o seu labor “para favorecer a inserción global na sociedade deste colectivo vulnerable”

10/03/21 | 15:02 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García anuncia que nos vindeiros días presentarase a Estratexia galega de atención á soidade non desexada

É unha iniciativa pioneira a nivel estatal, que conta coa colaboración da Fegamp e das entidades máis representativas que traballan no ámbito das persoas de máis idade na comunidade

10/03/21 | 14:04 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia publica mañá a orde de axudas para crear novas casas niño, que busca dotar deste servizo a preto dun centenar de concellos

A convocatoria deste ano estará dotada de 1,6 millóns de euros e permitirá a apertura de 20 novos centros

06/03/21 | 14:00 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García anuncia a adhesión da Federación de Libreiros de Galicia á Tarxeta Benvida, que permitirá ás familias beneficiarias empregala en máis de 160 establecementos do sector

Esta axuda leva beneficiado a 67.000 galegas e galegos durante os últimos cinco anos, para o que a Xunta investiu un total de 91 millóns de euros

05/03/21 | 14:09 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta comeza as obras da nova escola infantil da Guarda

A Administración autonómica e o Concello invisten 692.000 euros neste novo centro, que se prevé que estea a disposición das familias o curso 2022-2023

04/03/21 | 14:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor supervisa o inicio das obras do Centro Interxeracional de Coristanco que conta cunha achega da Xunta de 120.000€

O delegado da Xunta e o alcalde visitaron as instalacións na área recreativa da Rocheira, que se están acondicionando para albergar recursos e actividades para maiores e mozas e mozos