Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1270 novas da área temática Educación:

21/05/20 | 11:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O 97,68% do alumnado de cuarto de infantil obtivo praza no centro educativo escollido en primeira opción

Este ano rexistráronse 1032 solicitudes máis que para o curso 2019-2020

20/05/20 | 17:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación aborda cos sindicatos o protocolo para a reanudación das clases presenciais, de xeito voluntario, para o alumnado de 2º de Bacharelato e de Formación Profesional

O documento amplía e reforza as medidas incluídas nas recomendacións dos ministerios de Educación e Sanidade, para garantir a seguridade de toda a comunidade educativa

20/05/20 | 11:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Díaz Mouteira eloxia a posta en marcha do blog ‘A escola infantil na casa’ que achega actividades aos máis pequenos durante o confinamento e que xa supera as 78.000 visualizacións

Esta ferramenta permite que as nenas e nenos de 0 a 3 anos teñan material educativo que dea continuidade ás dinámicas das escolas infantís da Rede Autonómica

19/05/20 | 13:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Consellería de Educación traballa coas universidades na implantación da docencia mixta desde o vindeiro curso

Os centros que se unan ao Programa de transformación á docencia innovadora no SUG deberán implantar medidas tanto de organización académica coma no eido sanitario

19/05/20 | 10:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación abre o prazo para que as familias soliciten axudas para libros e material escolar e acceso ao Fondo Solidario da Xunta

O prazo para presentar as solicitudes –preferentemente por vía telemática-, rematará o día 19 de xuño

18/05/20 | 13:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A cuarta edición de Apaixónate, para fomentar a motivación, o talento e o emprendedurismo nas aulas, arranca hoxe en modalidade en liña

A conselleira de Educación, Carmen Pomar, participou a través dun relatorio virtual no que subliñou que a paixón e a vocación dos docentes é chave para espertar a curiosidade por saber e coñecer dos alumnos

14/05/20 | 18:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O alumnado galego dos segundos cursos de bacharelato e de ciclos medio e superior de FP poderá volver ás aulas a partir do 25 de maio

Tras a demanda de varias CCAA, a ministra Isabel Celaá comprometeuse a enviar dous documentos de recomendacións sanitarias para a reapertura parcial dos centros educativos e o desenvolvemento das probas ABAU

14/05/20 | 13:33 | C. de Política Social e Igualdade

Mañá abre o prazo de matrícula para o curso 2020/21 nas escolas infantís públicas autonómicas e nas prazas concertadas

Avánzase así na preparación do novo curso á espera de que o Goberno central fixe uns criterios claros sobre os prazos e condicións para a reapertura destes centros

13/05/20 | 13:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Consellería de Educación constitúe un Comité de Expertos para o Coidado do Benestar da Comunidade Educativa

Ante a situación excepcional que estamos a vivir, elaborará unha estratexia que atenda a estabilidade emocional para o vindeiro curso

10/05/20 | 10:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación reabre mañá luns, día 11, o prazo de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2020/21

As familias interesadas que non tiveran formalizado os trámites, suspendidos pola declaración do estado de alarma, dispoñen de prazo ata o día 18 de maio para facelo