Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

01/08/20 | 10:00 | C. de Economía e Industria

As entidades galegas captan 135,6 millóns de euros do programa marco de I+D+i da Unión Europea, Horizonte 2020

Galicia sitúase así na sétima posición entre as Comunidades Autónomas a nivel nacional en canto a retorno obtido polas entidades galegas no programa de I+D+i da Unión Europea (UE), H2020, no período 2014-2019

31/07/20 | 14:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta e os traballadores de Alcoa San Cibrao acordan instar a Goberno e empresa a que rectifiquen e garantan un futuro para a planta

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria en funcións, Francisco Conde, participou esta mañá nunha reunión co comité de empresa na que trasladou que a Autoridade Laboral enviará hoxe mesmo unha advertencia a Alcoa ante o novo contexto no que existe un posible investidor

30/07/20 | 16:08 | C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta activa dúas novas liñas de axudas que dotadas con 18 millóns de euros e dentro do Plan de reactivación económica reforzarán a ciencia e a innovación

Feijóo destaca que unha das liñas correspóndese coa cuarta edición do programa Fábrica Intelixente e Sostible; e a outra é unha nova orde de axudas para continuar na loita contra a covid-19

30/07/20 | 13:57 | C. de Economía e Industria

A nova aceleradora Connect-19 impulsará 20 proxectos de pemes innovadoras con solucións fronte á covid-19

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Santiago de Compostela por videoconferencia na presentación da nova incubadora que facilitará ás empresas o seu acceso a maiores mercados

28/07/20 | 15:00 | C. de Economía e Industria

Conde sinala en Monforte que a clave para a recuperación económica é gañar en competitividade a través da dixitalización

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe na localidade lucense nun networking organizado por Aje Lugo, en colaboración coas asociacións de xoves empresarios de Galicia e Ourense

28/07/20 | 14:14 | C. de Economía e Industria

A Xunta achega 924.000 euros para contratar a 38 técnicos de orientación laboral en Lugo que prestarán servizo en concellos e entidades en ánimo de lucro

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de resolver a convocatoria de axudas, da que se benefician 24 administracións locais e 13 entidades

28/07/20 | 14:02 | C. de Economía e Industria

Artesanía de Galicia ofrecerá un taller de creación e patrimonio na catedral de Tui dentro do festival Música no Claustro

A xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá na rolda de prensa de presentación da programación da XIV edición deste festival que se celebrará do 1 ao 7 de agosto

25/07/20 | 12:35 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre o prazo para solicitar as axudas de apoio ao emprego de 3.200 traballadores con discapacidade dos centros especiais

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a convocatoria deste programa que ten como obxectivo acadar a integración laboral das persoas con máis dificultades para atopar un posto de traballo

24/07/20 | 13:25 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en valor o seu apoio a unha formación especializada e a medida das necesidades do tecido produtivo

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, visitou hoxe en Ames aos alumnos e alumnas que participan no obradoiro e no programa integrado de emprego

23/07/20 | 16:27 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo afirma que a anticipación seguirá a ser un elemento clave na loita contra a pandemia e na reactivación económica e social

Expresa o convencemento de que a empresa familiar ocupará un papel fundamental na reactivación