Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta aumentará o orzamento cultural un 6% para reforzar o apoio á creación en todas as súas vertentes
Román Rodríguez presenta o novo espectáculo poético ‘Rompente. Algo que levar á boca’ no que Alberto Avendaño, Antón Reixa e Manolo Romón percorrerán oito concellos galegos ata o 25 de novembro dentro do Xacobeo 21-22
A Xunta colabora co Museo do Pobo Galego na primeira edición de Soa Bonaval, con concertos, conversas e itinerarios sonoros polas súas salas
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na presentación desta proposta que arrinca en Santiago de Compostela o vindeiro venres
A Xunta celebra o Día das Bibliotecas cunha ampla programación en todos os centros bibliotecarios de xestión autonómica
Co gallo da efeméride que se celebra este domingo 24 de outubro haberá mostras, espectáculos musicais e de narración oral, visitas guiadas e obradoiros, entre outras propostas, ao longo de varios días
Seleccionados 22 actrices e actores para os elencos das novas producións do Centro Dramático Galego
Contrataranse 15 intérpretes para a adaptación de A Peste, de Albert Camus, baixo a dirección de Cándido Pazó, e sete para Ás oito da tarde, cando morren as nais, dirixida por Marta Pazos a partir da dramaturxia de AveLina Pérez
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade xestionará o orzamento máis elevado da súa historia, cun incremento de máis do 20% en investimentos
O conselleiro explica que, no que atinxe ao eido educativo, as contas de 2022 permitirán afrontar os novos retos de futuro en ámbitos como a innovación e as tecnoloxías, as destrezas lingüísticas e a atención á diversidade e a inclusión
A Xunta de Galicia celebra o día das escritoras homenaxeando as figuras de Xohana Torres e Anisia Miranda
A Biblioteca de Galicia acolle un faladoiro entre as investigadoras Montse Pena Presas e Dolores Vilavedra arredor da traxectoria de Xohana Torres
A Xunta promove o coñecemento da figura de Valle-Inclán co espectáculo de Teo Cardalda 'Claves Líricas'
Gondomar, Culleredo, Vilanova de Arousa e a Cidade da Cultura de Galicia acollerán catro representacións deste espectáculo, ao abeiro do Xacobeo 21-22
Mañá abre o prazo para que empresas e entidades se adhiran ao Bono Cultura da Xunta
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde pola que se establecen as bases desta iniciativa de descontos para impulsar o sector e dinamizar o consumo
O Centro Dramático Galego e a Asociación de Actores e Actrices ofrecen unha lectura dramatizada do texto gañador da bolsa de dramaturxia e creación
Alba Loureiro, María Barcala e Nacho Castaño interpretarán Relato para un incendio, do dramaturgo Ernesto Is, mañá martes no Salón Teatro de Santiago ás 20,00 h.
A Xunta financia a mellora integral de servizos e estética do Museo Municipal Manuel Torres de Marín con 45.000€
O delegado territorial, Luis López, acompañado pola alcaldesa, María Ramallo, visita o comezo das obras, que estarán rematadas no presente exercicio