Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Xacobeo:

28/02/20 | 11:26

A Xunta xa solicitou os informes sectoriais necesarios para avanzar na tramitación para a ampliación do Ifevi en Vigo

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda recorda que hai unhas semanas solicitou por carta ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico celeridade na emisión dos seus respectivos informes sectoriais

28/02/20 | 11:15

A Xunta comeza os traballos sobre o terreo para proceder á apertura progresiva e controlada da lagoa de Baldaio

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a do Mar, Rosa Quintana, visitaron esta mañá a zona co fin de supervisar as actuacións

21/02/20 | 10:36

A Xunta procederá á apertura da lagoa de Baldaio nos vindeiros días para evitar asolagamentos na contorna

Técnicos das Consellerías de Medio Ambiente e do Mar e da Universidade de Santiago visitaron esta semana a zona para determinar o seu estado actual e as medidas máis axeitadas a adoptar con carácter inmediato

20/02/20 | 18:32 | C. do Medio Rural

A Xunta aproba a declaración de cinco novas aldeas modelo e dun proxecto piloto de polígono agrario en concellos de Ourense e Lugo

O proxecto de mobilización sitúase no municipio ourensán da Arnoia e as aldeas modelo nos concellos lucenses da Pobra de Brollón e Folgoso do Courel, así como nos ourensáns de Pereiro de Aguiar, Quintela de Leirado e Toén

20/02/20 | 16:16

A Xunta recoñece a Ribeira Sacra como nova Área de Rehabilitación Integral Supramunicipal para incentivar a recuperación de arredor de 2.000 vivendas nos primeiros 10 anos

Feijóo explica que comprenderá un total de 25 concellos das provincias de Ourense e Lugo coas súas correspondentes 433 parroquias e cunha superficie total de 3.000 km2

20/02/20 | 14:20 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil en espazos naturais da iniciativa europea Lewo

O seu obxectivo é potenciar os espazos de especial valor da nosa Comunidade, así como fomentar o respecto polo coidado do entorno entre as mozas e mozos

19/02/20 | 18:52

Xunta, Ecoembes e Federación Galega de Fútbol colaborarán para achegar a recollida selectiva a un cento de campos e instalacións

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, presidiu hoxe a sinatura dun convenio en virtude do cal colocaranse contedores de envases lixeiros, papel e cartón e daranse charlas informativas a socios e afeccionados

19/02/20 | 14:15

Galicia contribúe á xestión sustentable do medio ambiente e dos recursos mariños coa medición constante das condicións océano-meteorolóxicas

Desde hai máis de dez anos o Observatorio costeiro da Xunta de Galicia ofrece información da costa galega de grande utilidade para a investigación e a toma de decisións por parte das administracións

18/02/20 | 14:05

Medio Ambiente lanza a segunda edición do concurso fotográfico ‘#Eusonpilabot’ para concienciar sobre a recollida de pilas entre o ensino galego

Os alumnos dos centros participantes na Campaña Pilabot poderán presentar fotografías que incidan na mensaxe de poñer en práctica unha recollida selectiva e a reciclaxe deste tipo de residuos

17/02/20 | 11:31

Ángeles Vázquez anima aos alumnos do IES Santa Irene de Vigo a implicarse e contribuír á loita contra o cambio climático

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda participou esta mañá nunha charla-coloquio con 150 alumnos de 4º da ESO e de 1º de Bacharelato