Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

26/10/21 | 13:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e USC poñen en marcha o ‘Proxecto Nós’, que permitirá incorporar o galego ás novas linguaxes dixitais

Formalizan unha colaboración para comezar coa planificación, como primeiro paso dunha iniciativa á que o Goberno galego prevé destinar 15,5 M€ con fondos europeos

26/10/21 | 12:49 | C. de Política Social e Igualdade

O grupo Mevadeus de Santiago gaña o primeiro premio Xuventude Crea 2021 na categoría de teatro

O segundo premio foi para o grupo As catro, de Vigo, por Que rima con Chomsky? e o terceiro para Xebra, tamén de Vigo, por Irremediablemente soa

Cada unha das especialidades conta cun premio para os tres primeiros clasificados de entre 3.000 e 1.000 euros

25/10/21 | 18:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez sinala o recoñecemento de máster de excelencia como unha iniciativa pioneira en España para potenciar a calidade das universidades galegas

Reciben o recoñecemento os másteres en Bioinformática para Ciencias da Saúde (UDC), en Tradución para a Comunicación Internacional da (UVigo) e en Biotecnoloxía Avanzada (que se imparte conxuntamente entre a UDC e a UVigo)

25/10/21 | 17:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta recoñece a Biblioteca Municipal de Redondela co IV premio de innovación bibliotecaria de Galicia

O galardón proponse impulsar e destacar proxectos e boas prácticas innovadoras levadas a cabo polas bibliotecas e axencias de lectura públicas municipais

25/10/21 | 17:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Comité Educativo amósase partidario dunha desescalada simétrica e prudente no ensino

Aborda unha posible flexibilización do protocolo covid para os centros educativos, sempre respectando o marco establecido polas autoridades sanitarias

25/10/21 | 14:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta presenta en Pontevedra o Bono Cultura para colaborar na reactivación deste sector coa mobilización de 4 M€ este ano

O delegado territorial, Luis López, informa da iniciativa na Libraría Cronopios, que é un dos establecementos participantes, e convida aos pontevedreses a “gozar da cultura e colaborar cun sector que conforma a nosa identidade e constrúe Galicia”.

25/10/21 | 14:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Anxo M. Lorenzo salienta o papel da investigación académica para internacionalizar o legado de Pardo Bazán

Indica que a programación do centenario da autora está a contribuír a reforzar o estudo e a divulgación da vida e obra da autora e achegalo a todos os públicos

25/10/21 | 12:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias visita a libraría Versus, unha das 44 entidades e empresas da área de Vigo adheridas ao Bono Cultura da Xunta

Os profesionais interesados teñen ata o 18 de novembro para inscribirse na web www.bonocultura.gal e, entre outros requisitos, deberán estar dados de alta nos grupos e epígrafes do Imposto sobre Actividades Económicas indicados nas bases

24/10/21 | 13:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta constitúe a rede de orientación, unha nova estrutura de apoio educativo con 32 colexios que exercerán de coordinadores no conxunto de Galicia

Contará con novos docentes adicados a desenvolver actuacións específicas de apoio e seguimento ao alumnado más vulnerable desde o punto de vista educativo, ao tempo que colaborar coas familias e a contorna

24/10/21 | 12:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Preto de 300 empresas e entidades adheríronse ao Bono Cultura da Xunta nos primeiros días de prazo

Os profesionais interesados teñen ata o 18 de novembro para inscribirse na web www.bonocultura.gal e, entre outros requisitos, deberán estar dados de alta nos grupos e epígrafes do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) indicados nas bases