Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 500 novas da área temática Xuventude:

20/07/22 | 14:26 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor a Ruta Xacobea co campo de voluntariado ‘Xuventude é Camiño’ en Baleira

Os voluntarios e voluntarias acondicionan tramos do traxecto e desenvolven actividades dinamizadoras para os peregrinos que rematan a súa etapa nesta zona

19/07/22 | 14:28 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta leva a Xunqueira de Ambía un novo campamento con actividades musicais e de ocio

Os 20 nenos e nenas, de entre 9 e 12 anos, que se dan cita nesta proposta coñecen distintos instrumentos de corda fretada ao tempo que desfrutan dunha ampla progra-mación de lecer

19/07/22 | 12:26 | C. de Política Social e Igualdade

Martina Aneiros destaca as posibilidades de ocio activo vinculado ao mar que ofrece o minicampamento ‘Valdoviño Mariño II’

Unha vintena de nenos de entre 10 e 14 anos participan na segunda quenda desta proposta que ofrece unha opción de ocio activo vinculado ao desfrute do medio mariño, á vez que dinamiza o sector hostaleiro

18/07/22 | 11:13 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Máis do 91% dos rapaces e rapazas galegas de 5 a 15 anos emprega dispositivos dixitais

A porcentaxe ascende a preto do 99% na franxa de idade de 10 a 15 anos

17/07/22 | 12:00 | C. de Política Social e Igualdade

Ábrese o prazo de solicitude das bolsas e das 221 prazas ofertadas en residencias xuvenís da Xunta de Galicia para o vindeiro curso

Esta convocatoria diríxese a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos que por razóns de estudo ou traballo se vexan obrigados a permanecer fóra do concello onde residen

16/07/22 | 11:00 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta lembra que as familias con nenos de ata 12 anos poden solicitar o Bono Coidado para o pago dos campamentos de verán

Esta axuda directa pode empregarse para facer fronte a un servizo de conciliación como os campamentos de verán ou as ludotecas, pero tamén para atender a situa-cións imprevistas como a enfermidade do neno ou do coidador habitual

15/07/22 | 17:40 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta entrega os diplomas dos cursos 'Crea Xove' do Plan de Formación de Xuventude e Voluntariado

O acto de entrega clausurou os cursos que xiraron arredor do deseño 3D, da edición de vídeo, da dirección de actores e de todo o proceso de realización audiovisual

15/07/22 | 14:03 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destinará máis de 50 M€ á implantación da gratuidade nas escolas infantís de 0 a 3 anos de Galicia

O Goberno galego asumirá a contía correspondente á atención educativa que ata agora pagaban as familias por levar os seus fillos a centros dependentes das Corpo-racións locais

15/07/22 | 12:24 | C. de Política Social e Igualdade

O minicampamento ‘Náutica e audiovisual’ da Xunta remata a súa primeira quenda con 20 mozos participantes

A segunda quenda, destinada tamén para nenos e nenas de entre 10 e 14 anos, celébrase a finais de agosto

14/07/22 | 16:52 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta promove na Veiga o Campamento Astronómico con actividades de lecer educativo para a xuventude

Os participantes, de entre 10 e 14 anos, gozaron dun observatorio astronómico e das actividades de multiaventura do encoro de Prada