Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 776 novas da área temática Transporte:

14/07/22 | 13:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta vermella por altas temperaturas na zona do Miño de Ourense

O episodio comezará este mediodía con temperaturas de ata 42 graos que tamén se poden acadar localmente no sur da provincia ourensá

13/07/22 | 17:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avoga pola formación dos profesionais de socorrismo para garantir a seguridade dos bañistas

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, lembrou hoxe no Parlamento galego que a contratación de socorristas é un asunto de competencia estritamente municipal e o Goberno galego regula a formación que deben reunir para prestar un servizo seguro e de calidade

13/07/22 | 13:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Alumnos da 14ª promoción de Policía Local que se forman na AGASP reforzarán a seguridade do concello de Porto do Son este verán durante as súas prácticas

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe aos tres axentes en prácticas no marco do labor de titorización da Academia neste proceso

13/07/22 | 12:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta vermella por altas temperaturas na zona do Miño de Ourense

Tamén estarán en alerta laranxa hoxe o sur de Lugo por máximas de ata 41 graos, así como o noroeste e o sur de Ourense e o interior e a zona do Miño na provincia de Pontevedra con temperaturas que poden chegar aos 39 graos

12/07/22 | 18:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica esclarece dous incendios nos concellos de Ourense e Cenlle

Os dous lumes producíronse ao saltar chispas da maquinaria empregada polas persoas investigadas para traballos de roza

08/07/22 | 16:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta dota cunha lancha de salvamento o servizo de Protección Civil do Saviñao

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, entregou a embarcación de rescate para actuacións en augas continentais

08/07/22 | 16:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica esclarece un incendio no concello de Coles

Rexistrouse o pasado 5 de xullo na parroquia de Melias e afectou 0,05 hectáreas de superficie rasa

07/07/22 | 19:26 | C. do Medio Rural
07/07/22 | 17:21 | C. do Medio Rural

Estabilizado un incendio forestal no concello de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta o parque natural do Xurés

Segundo as primeiras estimacións, o lume afecta menos de unha hectárea de superficie

06/07/22 | 13:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta proporciona un equipo de excarceración para rescate ao Servizo Municipal de Protección Civil de Muxía

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, entregou material destinado a atender intervencións como accidentes de tráfico con persoas atrapadas ou rescates en espazos confinados ou estruturas colapsadas
 
A Xunta leva investidos máis de 22M€ no reforzo do equipamento dos servizos de emerxencias de Galicia