Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 834 novas da área temática Igualdade:

01/11/22 | 14:30

A Xunta instala un punto de información contra as agresións sexuais no recinto da Feira de Todos os Santos de Monterroso

O Goberno galego está a desenvolver a campaña ‘Agresión Off’ dirixida a formar e informar contra a violencia sexual en feiras, festas, festivais, concentracións turísticas e outras citas nas que se congregue un amplo número de persoas
 

31/10/22 | 12:31

A Xunta apoia este ano co programa Emega de emprendemento feminino a creación de 241 negocios e o emprego de 619 mulleres cun investimento de 4,4 M€

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publica hoxe no DOG a resolución para 2022 desta iniciativa a través da que se conceden 346 axudas, un 47,9% máis que na anterior edición

28/10/22 | 09:21

A Xunta activa as bolsas de axudas para a conciliación, transporte e manutención e aloxamento de persoas desempregadas que participen en cursos de formación

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova convocatoria desta liña que conta cun presuposto de 8,5M€ en 2022 e 2023, un 6,5% máis que na anterior

27/10/22 | 13:07

A Xunta destina 15.000 euros a fortalecer o movemento asociativo feminino en Ferrolterra

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, desprazouse ata Cariño para coñecer o traballo da Asociación Profesional de Redeiras da localidade, beneficiaria desta convocatoria

27/10/22 | 11:51

Trenor participou na apertura da III Xornada “A igualdade, un activo para a empresa” organizada pola Confederación de Empresarios da Coruña

O delegado da Xunta na Coruña destacou que a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes é, cada vez máis, un criterio que as empresas incorporan para proxectarse externamente e conseguir recoñecemento. Os beneficios que reporta esta dinámica son amplos: mellora a imaxe, capta novos mercados e atrae novo talento

27/10/22 | 11:44

A Xunta sinala a importancia de aplicar a perspectiva de xénero nos plans de seguridade e saúde laboral para seguir avanzando na igualdade de oportunidades

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe na Coruña na xornada Avances na saúde laboral e condicións de traballo con perspectiva de xénero, organizada pola Asociación de Empresarios da Coruña (Aeco), co apoio da Xunta

26/10/22 | 13:42

Lorenzana apuntala a igualdade laboral como un dos eixos de traballo da Xunta cara á equiparación salarial e a eliminación de discriminacións

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou na clausura do Foro Empresarial de Galicia pola Igualdade celebrado na Confederación Empresarial de Pontevedra (CEP) en Vigo

26/10/22 | 13:13 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina 170.000€ ao apoio ás persoas sen fogar a través dun convenio coa Cruz Vermella

O Executivo autonómico realiza tamén outros programas para a atención a persoas sen fogar a través das orde de entidades, a concellos e con cargo á casilla social do IRPF aos que destina anualmente máis de 2 millóns de euros

26/10/22 | 12:19 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta participa nos actos conmemorativos do día do dano cerebral adquirido

O Executivo autonómico seguirá a traballar conxuntamente coas entidades para mellorar a calidade de vida destas persoas e dos seus familiares
 

26/10/22 | 11:08

A Xunta aposta polas mesas locais contra a violencia de xénero como amplificadoras da resposta ás vítimas

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou na segunda xuntanza da Mesa local de coordinación institucional contra a violencia de xénero de Brión