Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 125 novas da área temática i+D+i:

28/09/20 | 14:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta colabora con Agatec para a capacitación profesional a través do Plan formativo para persoal das industrias culturais

A inscrición é gratuíta e xa está aberta para os tres cursos convocados: electricidade para a montaxe de eventos, ‘rigging’ e estruturas escénicas, e vídeo e pantallas multimedia

25/09/20 | 20:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta agradece o esforzo dos profesionais do audiovisual galego e a súa contribución á reactivación da cultura

A edición deste ano do OUFF, que conta co apoio do Goberno autonómico, reúne máis de 90 proxeccións e coa estrea de dúas longametraxes rodadas en Ourense

24/09/20 | 13:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a 17ª edición do Festival Curtocircuíto, que por vez primeira combinará actividades presenciais e en liña

O director da Agadic, Jacobo Sutil, participou na presentación do programa e destacou a axuda que se lle presta ao evento a través da adaptación das subvencións a festivais audiovisuais para minimizar os efectos da pandemia

22/09/20 | 12:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Anxo M. Lorenzo destaca a capacidade do Festival Internacional de Ourense para impulsar a cultura audiovisual en Galicia

O secretario xeral de Cultura da Xunta participou hoxe na presentación da 25ª edición na que participarán 14 películas e 15 curtometraxes

16/09/20 | 18:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O libro 'Chano Piñeiro ou a teima dun soño' réndelle homenaxe a un dos pioneiros do cine en galego

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente do Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, presentárono esta mañá

15/09/20 | 17:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Sarabela estrea a versión teatral de ‘A lingua das bolboretas’ cunha subvención da Xunta á creación escénica

O Auditorio Municipal de Ourense acolle mañá a función inaugural da montaxe coa que a compañía celebra os seus 40 anos de traxectoria sobre os escenarios

09/09/20 | 13:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O CGAI retoma a súa actividade de exhibición cunha carteleira protagonizada polo cinema feito por e para mulleres

Continúa así cos ciclos que tiveron que ser adiados a pasada primavera por mor do estado de alarma, ademais de incorporar novas citas en colaboración cos festivais de Cans, Diversidarte e (S8)

14/08/20 | 13:53

Portocabo inicia en Ourense a rodaxe do filme subvencionado pola Xunta 'Cuñados'

A produtora galega conta para a súa primeira longametraxe de ficción cunha achega de preto de 260.000 euros a través da convocatoria de axudas a producións audiovisuais de 2018

30/06/20 | 12:00

A Xunta amplía as axudas ao talento audiovisual un 14% ata os 178.000 euros para chegar a 19 proxectos beneficiarios

O DOG publica a resolución pola que se introduce esta medida de apoio ao sector no marco do plan autonómico de reactivación da cultura