Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 272 novas da área temática Facenda:

02/11/21 | 10:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta fixa uns investimentos iniciais por 16,5 M€ para a comarca do Baixo Miño no proxecto dos Orzamentos autonómicos 2022

O delegado territorial, Luis López, informa das contas para a bisbarra, que teñen como principal partida os máis de 10 M€ para executar un “importante avance” na Vía de Altas Prestacións Tui-A Guarda

29/10/21 | 13:49

O orzamento da Consellería do Mar sobe ata os 194M€ en 2022 e convértese no máis alto da última década tras aumentar un 50% nos últimos cinco anos

A titular de Mar salienta que o seu departamento prima os investimentos e apoios directos ao sector para impulsar a recuperación trala pandemia da covid-19 mediante un crecemento san do complexo mar-industria galego

28/10/21 | 13:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investirá 85,8M€ no Xacobeo 2022 para reforzar a recuperación do turismo e celebrar o Ano Santo que Galicia merece

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, compareceu hoxe no Parlamento de Galicia para explicar as contas do departamento que dirixe para o vindeiro ano, que superan os 402 millóns de euros, un 2,6% máis que no 2021

28/10/21 | 11:07 | C. de Economía e Industria
25/10/21 | 13:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López califica de 'claves para o forte impulso' de Deza e Tabeirós-Montes os 34,7 M€ de investimentos iniciais proxectados pola Xunta para 2022

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, informa das contas para as bisbarras, que inclúen o Centro Integral de Saúde e a ampliación empresarial de Lalín e o arranque da autovía AG-59, os talleres de madeira no IES Losada Diéguez e os novos xulgados da A Estrada como principais actuacións por riba do millón de euros

25/10/21 | 13:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta fixa uns investimentos iniciais por 13,3 M€ para as comarcas do Condado e A Paradanta no proxecto dos orzamentos autonómicos 2022

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, informa das contas para as bisbarras, que inclúen a mellora da PO-403, a depuradora e o obradoiro de emprego en Ponteareas, a planta de tratamento de residuos de Arbo, o GES da Cañiza e a ciclovía e a rehabilitación do CEIP Felipe Borbón de Salvaterra, entre outras

25/10/21 | 10:57 | C. de Facenda e Administración Pública

Os contribuíntes galegos aforrarán de media 403 euros no 2022 coas tres rebaixas do IRPF aprobadas pola Xunta desde o ano 2014

O conselleiro de Facenda e Administración Pública compareceu hoxe na Comisión 3ª do Parlamento para explicar as contas do seu departamento

23/10/21 | 12:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias subliña o pulo do proxecto de Orzamentos da Xunta á economía, os servizos e as comunicacións que vertebran o sur de Lugo

O delegado territorial de Lugo salienta que se reservan case 8 millóns de euros para avanzar na conversión en autovía da vía de altas prestacións Nadela-Sarria

23/10/21 | 12:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias subliña que o proxecto de orzamentos da Xunta “impulsa a recuperación económica e moderniza os servizos públicos”

O delegado territorial de Lugo salienta que na comarca da Mariña prográmanse investimentos de 4,1 millóns de euros na mellora de infraestruturas portuarias

22/10/21 | 15:14 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia pechou o mes de agosto como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

O período medio de pago de Galicia foi de 12,88 días, case 17 días por debaixo da media autonómica