Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

06/11/22 | 14:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre a segunda convocatoria de axudas para modernizar teatros, auditorios e salas, o que eleva o investimento por riba dos 2 M€

Entidades públicas e privadas poden solicitar ata o 5 de decembro apoio para proxectos de transición verde e transformación das infraestruturas de artes escénicas e musicais que impulsen a súa xestión sostible

04/11/22 | 15:12 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña en Lisboa a aposta de Galicia por impulsar un ecosistema emprendedor que avance na innovación, a dixitalización e a sustentabilidade

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou nunha charla coloquio celebrada no marco do Web Summit 2022, cita que busca facilitar a conexión entre empresas tecnolóxicas, startups, investidores, lexisladores e representantes públicos

04/11/22 | 13:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias anima a desfrutar dos descontos do 50 % que ofece o Bono Cultura da Xunta nos negocios lucenses adheridos

O delegado territorial da Administración autonómica explica que máis de 60 empresas da provincia xa se sumaron á segunda edición desta campaña, que esgotou os bonos entre os consumidores en tempo récord

04/11/22 | 11:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre ao público en Santiago unha mostra con preto de cen casos de éxito da combinación de deseño e innovación en Galicia

A exposición ‘Formas propias. Deseño para a innovación en Galicia’ foi inaugurada esta mañá pola directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, e poderá verse ata o 16 de decembro na Fundación Didac

04/11/22 | 11:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destinará o vindeiro ano 4,8 M€ ás bonificacións e conxelación das peaxes das autoestradas autonómicas, o que beneficiará a 26.500 usuarios cada día

Francisco Menéndez salienta o aumento nun 86% da partida destinada aos descontos e a paliar o impacto do IPC nas tarifas nas autoestradas A Coruña-Carballo (AG-55) e do Val Miñor (AG-57)

03/11/22 | 18:14 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia recolle nos Orzamentos de 2023 unha liña de axudas pioneira para proxectos de loxística avanzada e sostible para pemes e autónomos

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou na Coruña na II Xornada Loxística Internacional, organizada polo Clúster da Función Loxística de Galicia

03/11/22 | 13:11 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia difunde as vantaxes de combinar deseño e innovación a través dunha exposición e un dicionario de casos de éxito

A exposición ‘Formas propias. Deseño para a innovación en Galicia’ inaugúrase mañá e estará aberta ao público ata o 16 de decembro na Fundación Didac, en Santiago

03/11/22 | 09:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia en Santiago os novos talentos que apostan pola fusión do deseño de moda coa artesanía

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, entregou na Cidade da Cultura o galardón destinado á incorporación dos oficios artesanais no deseño de moda no marco do Desfile Despunte 22 organizado pola EASD Mestre Mateo