Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 169 novas da área temática Consumo:

24/01/22 | 13:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López traslada á Federación Provincial de Comercio, Turismo e Mercados o “apoio absoluto” da Xunta ao comercio de proximidade

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra mantén un encontro de traballo co secretario xeral da entidade, Enrique Núñez, para abordar as perspectivas e as necesidades do sector para o presente ano

19/01/22 | 12:11 | C. de Economía e Industria

A Xunta colabora co Concello do Irixo no impulso á venda en liña de produtos agroalimentarios locais

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou na presentación do novo marketplace a través da cal pode adquirirse pan, mel, lácteos, carne e outros artigos de produtores e comercios locais

17/01/22 | 11:02 | C. de Economía e Industria
28/12/21 | 23:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

Xunta e ocio nocturno chegan a un acordo sobre as medidas a adoptar ante a covid durante o Nadal

Os negocios de ocio nocturno poderán optar entre abrir do 30 de decembro ao 2 de xaneiro ou optar a unha liña de axudas con tramos en función dos metros do local

16/12/21 | 16:05 | C. de Economía e Industria

A iniciativa Días Azuis do Comercio Galego mobilizou máis de 1,2M€ na provincia da Coruña

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou no establecemento coruñés Pilar y Carmen na entrega simbólica dos premios correspondentes ás dúas edicións celebradas en 2021 desta campaña na que colaboran a Xunta, a Federación Galega de Comercio e Abanca

02/12/21 | 13:12 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel do comercio de Tomiño na dinamización económica e social da vila Pontevedresa

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou diferentes establecementos da localidade, así como a praza de abastos, que conta co selo de Mercado Excelente que outorga a Administración autonómica

24/11/21 | 13:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta constitúe o Consello de Cooperación de Consumo de Galicia para afondar na protección das persoas consumidoras e usuarias en colaboración cos concellos

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, presidiu esta mañá en Santiago de Compostela a reunión inicial deste órgano, que busca a máxima cooperación, comunicación e información entre a Administración autonómica e as entidades locais

18/11/21 | 21:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia en Pontevedra a incorporación da Artesanía de Galicia ao traballo dos novos talentos da moda galega

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, entregou o premio á ‘Colección con maior valor artesanal’, durante o desfile Debut 21, que se celebrou esta tarde no Pazo de Congresos

18/10/21 | 12:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López destaca a “máxima calidade” dos produtos e da cociña galega na presentación da iniciativa 'alimentación consciente' en Pontevedra

O delegado territorial da Xunta asiste ao acto inaugural desta actividade de Cruz Vermella Española, que pretende difundir a aplicación de hábitos saudables na alimentación para mellorar a calidade de vida