Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta remata os traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de varios ríos no concello de Val do Dubra
Actuouse nunha lonxitude total de 5,3 km nos ríos Dubra e Tambre, no rego de Fontán e nun rego innominado ao seu paso pola parroquia de San Cristovo de Portomouro
A Xunta destinou desde 2020 máis de 1,5 M€ a axudas ás comunidades de usuarios de abastecemento para mellorar as instalacións e a calidade da auga
Teresa Gutiérrez explica que as axudas van dirixidas a optimizar as instalacións de captación e potabilización e a dispor dispositivos de medición do caudal
A Xunta confirma o mantemento da prealerta por seca na conca da demarcación Galicia-Costa e incide no consumo responsable e no aforro da auga
A Oficina Técnica da Seca observa que os recursos hídricos se manteñen inferiores aos habituais, situándose no mes de maio o caudal medio circulante dos ríos nun 46% por debaixo dos valores medios nesta época do ano
Ethel Vázquez informa de que a demarcación de Galicia-Costa afronta o verán en situación de prealerta por seca e ofrece axuda aos concellos para incentivar o aforro de auga e eliminar as fugas das redes
Vázquez Mourelle avanza que a Oficina Técnica da Seca manterá mañá a prealerta por seca prolongada, pois as chuvias de maio e as dos últimos días non tiveron efecto nos caudais circulantes, estando un 46% por debaixo dos valores habituais para esta época
A Xunta e o Concello de Pantón investirán 650.000 € para dotar de abastecemento de auga potable 240 veciños das parroquias de Santiago de Castillón, San Vicente de Castillón e Santo Estevo do Mato
O acordo recolle que as obras, que se licitarán a finais de ano ou comezos do vindeiro, serán financiadas cunha achega da Xunta de 520.000 € e 130.000 € do Concello
A Xunta asina co Concello de Ortigueira o convenio polo que Augas de Galicia continuará a xestionar a depuradora municipal, destinando un investimento de máis de 385.000 €
A Xunta mantén o apoio á entidade local nas súas competencias para garantir o funcionamento desta instalación, tras destinar desde 2005 case 2,4 M€ á xestión da planta de tratamento de augas residuais do municipio
Rueda salienta a importancia da Lei do ciclo integral da auga para axudar aos concellos a xestionar os seus servizos de xeito ordenado e planificado
“Queremos ofrecerlles aos concellos ser os seus aliados nesta materia para ofrecer unha solución global á xestión dos vertidos e á calidade das augas”, di
A Xunta asina co concello de Tomiño o convenio polo que Augas de Galicia continuará a xestionar a depuradora do municipio, destinando un investimento de máis de 400.000 €
A Xunta mantén o apoio á entidade local nas súas competencias para garantir o funcionamento da depuradora, tras destinar desde 2005 case 3,2 M€ á xestión desta planta de tratamento de augas residuais
Ethel Vázquez avanza que a Lei do ciclo integral da auga entrará en vigor a finais do verán para mellorar a xestión dos servizos hidráulicos e a calidade das rías e dos ríos
Vázquez Mourelle destaca que os concellos poderán adherirse de xeito voluntario a este sistema para que Augas de Galicia asuma a explotación dos seus servizos da auga
Ethel Vázquez avanza que a finais de ano comezarán as obras de saneamento do río Lameira de Marín, cun investimento de 3,3 M€ para mellorar a calidade das augas da ría de Pontevedra
Mellorarase a rede de saneamento na contorna do río, reducindo a entrada de augas brancas e regulando a derivación de caudal á depuradora en tempo de chuvia