Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O Programa Iacobus pecha o prazo de presentación de candidaturas con máis de 300 propostas
A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal recibiu 231 solicitudes á 9ª edición do programa para estadías de investigación, ás que se suman outras 74 á 4ª convocatoria do IACOBUS Papers para publicacións científicas
O Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento, Congacode, aprobou o Plan anual 2022 da cooperación galega
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, presidiu a reunión, na que tamén se fixo balance do plan de 2021 que foi executado ao 100%
A Xunta defende unha acción exterior útil para a recuperación da pandemia a través da captación de recursos europeos e do impulso do sector exterior
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, dou conta hoxe no Parlamento galego das viaxes oficiais das autoridades autonómicas fóra de Galicia e dos contactos institucionais mantidos con representantes de organización internacionais, da UE e doutros Estados
A actividade da Fundación Galicia Europa en 2022 centrarase na divulgación dos fondos europeos
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reúnese co padroado da fundación para abordar a estratexia da entidade de cara ao próximo ano
A Xunta organiza en Vigo un coloquio sobre os retos e as oportunidades da acción exterior galega
? O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, presentou hoxe na sede da Cámara de Comercio de Vigo un coloquio sobre o futuro da acción exterior galega
? A xornada forma parte dun ciclo de conferencias co que se pretende a dar a coñecer o contido da norma e, ao mesmo tempo, estimular a participación cidadá para definir as grandes liñas estratéxicas da acción exterior galega nos vindeiros anos
A Xunta reforza a colaboración coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps) para atender as urxencias derivadas da covid-19 nos campos de refuxiados
O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, asinou hoxe coa ONGD unha addenda ao convenio de colaboración deste ano para incrementar o orzamento do acordo en 39.000 euros, o que suporá un investimento total de 139.000 euros
A Xunta negocia un protocolo de colaboración coa rexión francesa de Nova-Aquitania
O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, reuniuse hoxe co seu homólogo da rexión francesa de Nova-Aquitania, Jean-Michel Arrivé
A Xunta aposta polo Plan de investimentos conxuntos para avanzar cara unha Eurorrexión máis cohesionada en beneficio da cidadanía
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, dou conta hoxe no Parlamento galego das previsións do Plan de Investimentos Conxuntos (PIC) 2021-2027 que permitirá avaliar os proxectos que se presentarán ao programa POCTEP
O Consello de Acción Exterior de Galicia comeza a preparación da nova estratexia galega de acción exterior 2022-2026
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE presidiu hoxe a reunión do Consello de Acción Exterior (CAEX) para avanzar na elaboración da nova Estratexia Galega de Acción Exterior (EGAEX) 2022-2026
A Xunta destaca os avances da investigación en biotecnoloxía mariña do proxecto ´´Bluehuman´´ en prol da economía circular
O director Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, participou hoxe na clausura do proxecto “BlueHuman”, organizada pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, na que se mostraron os resultados do proxecto no ámbito da biotecnoloxía mariña