Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A música galega preséntase no Womex do Porto co apoio da Xunta para a promoción dunha decena de empresas e o concerto das Tanxugueiras
A delegación galega protagonizará mañá un encontro promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade para favorecer o networking con axentes musicais de todo o mundo
A Xunta recorda a Valle-Inclán na ofrenda floral celebrada en Vilanova de Arousa na súa honra
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na actividade con motivo do 155 aniversario do seu nacemento
O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na presentación do Festival do Circo e do Humor
Gabriel Alén explicou que se trata dunha iniciativa encadrada no compromiso da Xunta de Galicia por impulsar e apoiar unha programación diversificada e plural, así como distribuída pola xeografía galega, e que contribúe así á promoción e cooperación cultural, á difusión e animación sociocultural e á promoción da cultura en Galicia
A Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos celebra o seu centenario co apoio da Xunta
O secretario xeral de Política Lingüística participou na presentación de ´100 anos de Agarimos’, organizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22
Dous novos volumes completan a colección cos textos máis representativos da Xeración Nós impulsada por Hércules de Edicións co apoio da Xunta
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participaron hoxe na presentación dos tomos que pechan a triloxía Do mellor de Nós
Román Rodríguez subliña un investimento de 42 M€ para reactivar a cultura reforzado agora co novo Bono
Recorda que a prioridade do Goberno autonómico na pandemia foi “manter a actividade con formatos adaptados para que o sector seguise traballando”
Trenor anima aos profesionais a adherirse á campaña do Bono Cultura da Xunta que os clientes poderán empezar a disfrutar a partir do 1 de novembro
Os profesionais interesados teñen ata o 18 de novembro para inscribirse na web www.bonocultura.gal e, entre outros requisitos, deberán estar dados de alta nos grupos e epígrafes do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) indicados nas bases
Román Rodríguez pon a Galicia como exemplo de convivencia e inclusión nas aulas
Salienta a importancia de artellar un modelo educativo que, ademais de aportar coñecemento, impulse unha educación cívica “que sexa capaz de formar bos estudantes e tamén bos cidadáns”
A Xunta apoia unha nova publicación que analiza a relación da cidade de Santiago co cine en dúas décadas
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na presentación do libro ‘Compostela no cinema. Apuntamentos da cidade do século XXI’, de Yolanda López
A Xunta conmemora os 10 anos da Biblioteca de Galicia cunha exposición na que fai un percorrido por máis de 70 obras representativas das súas coleccións
A mostra ‘10 anos da Biblioteca de Galicia. As pegadas dunha década’ pode visitarse na súa sede, na Cidade da Cultura, ata o 31 de maio de 2022