Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta licita as obras da 1ª fase de mellora da estrada LU-651 entre Ferrería Vella e Seoane do Courel, que suporán un investimento de 3,4 M€ e se executarán co máximo respecto ambiental e minimizando afeccións
Vázquez Mourelle adianta que os traballos comezarán a finais da primavera e estarán rematados no verán de 2023, coa estrada renovada neste treito de 3,5 km
A Xunta aproba o proxecto de construción das sendas nas marxes das estradas autonómicas OU-105 e OU-536 e na Avenida de Ponferrada, no Concello de Ourense
Poranse a disposición dos veciños máis de 3,5 quilómetros de novos itinerarios de uso compartido, de ancho variable mínimo de 1,80 metros, con elementos de separación da estrada e con nove refuxios nas distintas paradas de autobús
A Xunta licita as obras para a mellora do sistema de saneamento nos núcleos de Ver e de Boebre, no Concello de Pontedeume, cun investimento de case 958.000€
Trátase de eliminar os vertidos procedentes destes núcleos, para o que se construirá unha nova estación de bombeo en Ver e unha nova rede de colectores e impulsión, e tamén unha nova estación depuradora en Boebre
A Xunta inviste preto de 68.000 euros na urbanización da rúa Poulón, no concello de Castrelo do Val
O delegado territorial puxo en valor as axudas concedidas na Orde hUrbe na provincia de Ourense este ano que suman un total de 768.567 euros da que se beneficiarán 14 concellos
A Xunta e o Concello de Trazo colaborarán na mellora da rede de augas pluviais no núcleo do Castelo
O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, e a alcaldesa de Trazo, Josefina Suárez visitaron a zona na que se vai a levar a cabo a obra
A Xunta adxudica por 784.000 euros a execución da urbanización da primeira fase do Plan Director do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol
As obras comezarán á volta das festas do Nadal e terán un prazo de 8 meses
A Xunta remata as obras de mellora e adecuación funcional do edificio do servizo de mobilidade na Coruña, nas que investiu preto de 500.000 euros
A intervención tiña como principal obxectivo mellorar as condicións de traballo dos 30 empregados do Servizo Provincial de Mobilidade, así como a atención aos cidadáns que acoden ás instalacións a realizar xestións
A Xunta inviste 419.000 euros para completar a renovación de beirarrúas en Castro Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licita hoxe esta obra, que terá un prazo máximo de execución de oito meses
A Xunta trasládalle á comisaria europea de Transportes a demanda de que o AVE Vigo-Porto se incorpore ao Corredor Atlántico Noroeste
O obxectivo é achegar estas cidades cunha infraestrutura ferroviaria moderna que reduza a viaxe ata 60 minutos, reforzando a competitividade da Eurorrexión
A Xunta licita por 576.000€ a mellora da seguridade viaria no tramo de concentración de accidentes da PO-403 en Ponteareas
O delegado territorial, Luis López, anunciou a apertura da fase de contratación desta actuación, que beneficia a un treito de 1,6 quilómetros entre o enlace coa A-52 e o final da travesía de Angoares, nunha visita á zona coa alcaldesa, Cristina Fernández