Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta reafirma o seu apoio ao libro e a lectura cunha partida de preto de 4M€ nos orzamentos de 2022
A achega do Goberno galego favorecerá a proxección exterior do sector así como o lanzamento de ordes de axudas e a adquisición de novidades editoriais
A produción do centro dramático galego ‘O charco de Ulises’ inicia unha xira por 20 concellos de Galicia e Portugal
As funcións da peza dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso comezan o día 5 en Tui e se prolongarán ata o 12 de decembro en escenarios das catro provincias galegas e do norte do país luso
Os Premios da Cultura Galega 2021 recaen en Bernardino Graña, Antón Pulido, Nova Galega de Danza, Natalia Lamas, Zaza Ceballos, ‘Dígocho eu’, o Mosteiro de San Pedro de Rocas e a Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina
O xurado, presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, reuniuse hoxe para distinguir os galardoados nas modalidades de Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección exterior
Román Rodríguez salienta a "excelente" resposta dos galegos ao Bono Cultura da Xunta no arranque da campaña
O prazo para clientes comezou onte e só nunhas horas esgotáronse todos os bonos dispoñibles o que constata “o interese por gozar da cultura e por esta iniciativa coa que queremos dinamizar o consumo e tamén apoiar ao sector”
Chega o Mes da Ciencia en galego ás bibliotecas da Xunta con 40 actividades para todos os públicos
Os secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística presentaron hoxe a programación, a prol do achegamento da cidadanía á literatura científica en galego
A Xunta reforza os contidos inclusivos de 781 bibliotecas escolares de infantil e primaria cunha asignación extraordinaria de 750.000€
Destina tamén un total de 230.000€ a 315 centros de Secundaria para a adquisición de libros de contido informativo
A Xunta apoia medio cento de editoriais galegas para a publicación e distribución de máis de 400 obras
O Diario Oficial de Galicia publica a resolución das axudas de 200.000 euros para colaborar co sector e facilitar que os libros cheguen ao público
Román Rodríguez destaca a importancia do Camiño de Santiago na obra do artista británico Hamish Fulton
A mostra inclúe fotografías tomadas no percorrido entre Fisterra e Compostela, Pamplona, Rocensvalles e Hendaia
Feijóo celebra a chegada da mostra 'Emilia Pardo Bazán. O reto da modernidade' á Coruña, escenario vital e inspiración literaria dunha galega universal
Destaca as 200 pezas que se amosan nela e que achegan un compendio documental, simbólico e historiográfico de enorme valor para entender e recoñecer a altura de Emilia Pardo Bazán
Rosa Quintana pon en valor o labor de recollida do patrimonio marítimo realizado polo xornalista Fernando Fernández Domonte
O libro Contos da beiramar é un conxunto de 14 relatos con vivencias cotiáns protagonizadas por xente vencellada co mar, entre eles mariscadoras, mariñeiros, funcionarios ou persoal das confrarías