Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Agricultura e gandería:

08/10/20 | 16:08 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia unha comisión para planificar e promover os proxectos galegos que optarán aos fondos de reconstrución Next Generation da UE

Destaca que o órgano ten o obxectivo de impulsar as iniciativas tractoras da Comunidade ante o reparto de 750.000 millóns euros europeos para a recuperación, dos cales 140.000 corresponderán a España

07/10/20 | 13:37 | C. de Economía e Industria

Conde destaca que compañías como Galmask demostran a iniciativa e a capacidade de adaptación do tecido empresarial galego fronte á covid-19

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou en Vigo a primeira fábrica de máscaras FFP3 en Galicia, que conta co apoio da Administración autonómica

06/10/20 | 15:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria

A Xunta presenta ao ocio nocturno un plan de reactivación con axudas para o alugueiro, a celebración de concertos e o mantemento do emprego

No encontro participaron representantes das vicepresidencias primeira e segunda; así como das consellerías de Emprego e Igualdade, e Cultura, Educación e Universidade

06/10/20 | 10:36 | C. de Economía e Industria

As principais consultas ao programa Igape Responde céntranse en medir o impacto da covid-19 e reorientar o negocio

Nos dous últimos meses, máis de 150 autónomos e pemes solicitaron o asesoramento gratuíto que ofrece a Xunta na iniciativa incluída no Plan de reactivación económica

05/10/20 | 15:02 | C. de Economía e Industria

Gonzalo Trenor visita o obradoiro de emprego da Laracha que forma a 20 alumnos grazas a un investimento de máis de 863.000€

O delegado da Xunta na Coruña e o alcalde supervisaron o avance dos traballos no centro sociocultural de Paiosaco que rematarán antes de final de ano

03/10/20 | 11:54 | C. de Economía e Industria

Xunta e ASIME avalían a situación do sector do metal galego e exploran novas vías para a súa consolidación

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro coa directiva desta asociación na que trasladou o compromiso do Goberno galego con esta industria estratéxica

02/10/20 | 12:08 | C. de Economía e Industria

Conde avoga por aunar esforzos para fortalecer a economía galega

Insta a que Xunta, axentes económicos e sociais e tecido produtivo sigan traballando en común para afrontar o reto socioeconómico derivado desta pandemia

01/10/20 | 18:23 | C. de Economía e Industria

Conde anima a entender a situación actual como unha oportunidade para impulsar novos sectores e chegar a máis mercados

Enxalza o labor das empresas galegas cuxa capacidade exportadora permite a Galicia afrontar mellor o novo contexto económico

01/10/20 | 15:52 | C. de Economía e Industria

A Xunta e a Confederación de Empresarios de Pontevedra analizan medidas que favorezan a recuperación económica

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro con Jorge Cebreiros, o presidente da entidade pontevedresa

30/09/20 | 21:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta ofrece diálogo e colaboración á nova directiva de Aemos para impulsar a competitividade do tecido empresarial de Mos

Asegura que, desde que comezou a pandemia, o obxectivo do Goberno galego foi estreitar ao máximo o contacto cos axentes económicos e sociais, e que esa vai ser a liña a seguir para encarar a recuperación