Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta de Galicia somete a exposición pública o proxecto de conexión exterior do saneamento do parque empresarial de Morás (Arteixo)
Está previsto licitar a obra a finais do mes de xuño próximo, cun investimento de 6,5 millóns de euros
A Xunta reparte 400 batas e máscaras entre 14 centros de acollida de animais xestionados por entidades protectoras
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda fixo entrega esta semana do material, coincidindo coa reapertura ao público destes centros, nos que xa se permiten de novo as adopcións
Vázquez salienta o papel da paisaxe galega como recurso estratéxico para contribuír ao afianzamento do turismo verde
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda sinala que preto de 5,1 millóns de persoas visitaron en 2019 Galicia, sendo a primeira motivación dos que a visitan os recursos naturais e paisaxísticos
Medio Ambiente investirá preto de 72.000 euros na pavimentación e mellora da rúa República Arxentina de Noia
A conselleira Ángeles Vázquez mantivo hoxe unha videoconferencia co alcalde noiés tras asinar electronicamente un convenio entre Xunta e Concello para cofinanciar as obras
Xestur licitará obras e servizos nos parques empresariais de Lugo e Lalín por importe de máis de 3,6 millóns de euros
O Consello de Administración da sociedade acordou autorizar a continuación dos expedientes de licitación de obras de urbanización e o seu control de calidade no parque lucense das Gándaras
Vázquez salienta a capacidade da iniciativa privada por xerar emprego verde e conseguir que miles de toneladas de residuos se convertan en novas materias primas
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda visita as instalacións de Sogapol, unha empresa 100% galega que se dedica a recuperar os plásticos que chegan a Sogama no contedor verde polo seu depósito na bolsa negra
Tramitadas máis de 2.700 licencias, tras retomarse esta semana a pesca fluvial como actividade física individual ao aire libre
Dende o pasado luns abonáronse as taxas correspondentes para a renovación das licencias de pesca, a través das entidades bancarias colaboradoras, dos medios telemáticos e das Xefaturas provinciais da Consellería de Medio Ambiente
A Xunta licita por máis de 1,35 millóns de euros unha rede de control de caudal nos ríos con risco de inundacións na demarcación hidrográfica de Galicia-Costa
As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 16 de xuño
Medio Ambiente agarda empezar a retomar a actividade nos parques naturais da Coruña e Pontevedra a próxima semana
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda repasou cos delegados territoriais da Xunta en ambas provincias e os máximos responsables da xestión destes espazos naturais os traballos de conservación acometidos durante o estado de alarma nas Fragas do Eume, no Complexo Dunar de Corrubedo e no Monte Aloia
Medio Ambiente solicita ao Estado concreción sobre o cupo de visitantes ao Parque Illas Atlánticas para reactivar o sistema de acceso e organizar o transporte marítimo
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda envia unha carta á ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, para coñecer o número de visitantes que poderán acceder en cada fase do Plan para a transición cara unha nova normalidade, deseñado polo Goberno central