Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

28/10/20 | 13:49 | C. de Economía e Industria

Conde invita a Gradiant e Telefónica a manter o espírito de colaboración con Galicia presentando propostas coas que optar aos fondos europeos de reconstrución

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá en Vigo na presentación do balance da primeira fase da Unidade Mixta de Investigación (UMI) Irmas, que terá continuidade durante os próximos tres anos cunha segunda etapa de consolidación

28/10/20 | 10:39 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel imprescindible da biotecnoloxía galega como motor de competitividade na nova economía

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe na presentación do encontro semipresencial ‘Biotecnoloxía. Do descoñecemento (social) á necesidade (colectiva)’

27/10/20 | 15:33 | C. de Economía e Industria

A Xunta inclúe a Cidade das TIC na proposta presentada ao Goberno para optar aos fondos europeos de reconstrución

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo hoxe unha reunión co reitor da Universidade da Coruña (UDC), Julio Abalde, na que lle informou que de saír adiante esta solicitude a previsión sería mobilizar 55M€ no proxecto

26/10/20 | 10:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca os Premios Artesanía de Galicia 2020 para recoñecer o talento e a traxectoria dos artesáns galegos

Como cada ano, os galardóns divídense en tres categorías: Premio Artesanía de Galicia, dotado con 9.000 euros; Premio Traxectoria, de carácter honorífico, e Premio Bolsa Eloy Gesto; cunha contía de 4.000 euros para a formación dos novos talentos do sector

24/10/20 | 12:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta aproba 7 novos proxectos de pemes galegas que mobilizarán 3,4M€ para a fabricación de equipos de protección fronte á covid-19

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta semana no Comité de fabricación no que se avaliaron estas iniciativas

23/10/20 | 15:35 | C. de Economía e Industria

Feijóo destaca a unidade de acción entre administracións e traballadores de Alcoa e asevera que o peche desta fábrica sería un “disparate industrial” para España

Incide na necesidade de que o Goberno central cumpra cunha tarifa eléctrica que faga posible a produción de aluminio primario, mentres non se instalen enerxías renovables de autoconsumo para a propia factoría

23/10/20 | 12:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta agarda que a colaboración do tecido socioeconómico amplifique a candidatura galega aos fondos europeos e consolide a aposta por unha Galicia máis dixital, verde e social

A xuntanza de hoxe estivo centrada na avaliación das iniciativas desta primeira listaxe que prestan unha especial atención á modernización do sector primario e que xiran en torno á Estratexia Rural 2030

22/10/20 | 19:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsará axudas directas de ata 20.000 euros para sufragar o alugueiro dos locais de ocio nocturno pechados polas restricións da covid-19

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe nunha reunión con representantes do sector aos que lle presentou as condicións das axudas, que contan cun orzamento de 2,2 M€

22/10/20 | 15:59 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta
21/10/20 | 14:03 | A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia un Plan de rescate dotado con máis de 70 millóns de euros para axudar á actividade económica de máis de 30.000 autónomos e de 10.000 microempresas

Traslada a preocupación polo emprego e incide en que agora é cando a sintonía e a cooperación entre a política e a economía debe ser máis fluída que nunca