Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1270 novas da área temática Deporte:

24/08/20 | 12:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación comproba que o CEIP Lope de Vega está preparado para ofrecer o servizo de comedor coas mellores garantías

O xefe territorial, César Pérez Ares, achegouse a este centro escolar para comprobar de primeira man a adaptación deste colexio ao protocolo fronte á COVID -19

21/08/20 | 14:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Carmen Pomar anuncia a incorporación de arredor de 1.000 novos docentes ao sistema educativo galego este curso

Subliñou que, cos datos a día de hoxe, a Consellería opta pola presencialidade nas aulas, pero que se estará pendente da evolución da pandemia e do que ditaminen as autoridades sanitarias

20/08/20 | 15:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

Os equipos covid dos centros escolares recibirán formación específica sobre o coronavirus

As consellerías de Educación e Sanidade veñen de pechar os contidos que serán impartidos de xeito presencial e a distancia a partir de setembro, tal e como recolle o Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario

19/08/20 | 17:57 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

A Xunta proporá que as máscaras sexan obrigatorias nas aulas para profesorado e alumnado maior de seis anos

Feijóo reclama un protocolo único para todo o sistema educativo español porque “necesitamos criterios claros e homoxéneos”

19/08/20 | 15:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Consellería de Educación avalía co equipo directivo do CPI de Pazos de Borbén a aplicación do protocolo anticovid

O xefe territorial de Educación visitou este centro en compaña do alcalde da localidade que se comprometeu a colaborar na limpeza e desinfección

14/08/20 | 13:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Consellería de Educación comproba a organización do CEP Altamira de Salceda para adaptarse ao protocolo da covid-19

O xefe territorial, César Pérez Ares, achegouse hoxe ata o colexio pontevedrés no marco da rolda de visitas que se están a realizar por todos os centros da provincia

14/08/20 | 10:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Goberno galego formaliza 100 novos contratos predoutorais de investigadores nas universidades galegas

As consellerías de Educación e de Economía financian con 8,1 millóns de euros (un 7,5% máis que na convocatoria de 2019) esta contratación

13/08/20 | 12:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Carmen Pomar subliña que as garantías sanitarias son a prioridade da Xunta para un inicio de curso seguro e dentro da máxima normalidade posible

A conselleira visitou o CEIP Santomé (Cambados), onde o equipo directivo ultima a organización das aulas de acordo coas indicacións recollidas no Protocolo elaborado por Educación e Sanidade

12/08/20 | 10:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reforza a Educación Infantil e Primaria para o vindeiro curso con 158 unidades máis e a incorporación de 240 novos profesores

O obxectivo é garantir a calidade do ensino e adoptar as medias establecidas no Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 para o inicio da actividade lectiva

07/08/20 | 11:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación destina 165.000 euros ás axudas ás escolas de música dependentes de institucións sen ánimo de lucro

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria, que se destina a asociacións ou fundacións