Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

10/05/21 | 19:30 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta incrementa un 12% a achega para que as universidades galegas e a UNED organicen programas para os maiores

Destinará 130.000 euros a que as institucións académicas reforcen as actividades destinadas ás zonas rurais

10/05/21 | 19:20 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta traslada ao Goberno de Asturias as medidas impulsadas en Galicia en materia de reto demográfico

Destaca que Galicia e Asturias comparten a evolución dos datos en natalidade, fecundidade e envellecemento, así como a dispersión do territorio

10/05/21 | 13:29 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta admite o 80% das solicitudes de praza para as súas escolas infantís de cara ao vindeiro curso 2021-2022

Ábrese agora un período para presentar reclamacións do 11 ao 18 de maio (ambos os dous incluídos)

07/05/21 | 14:55 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destinará 172.000 euros ao punto de encontro familiar de Santiago, que funciona xa os sete días da semana

O Goberno galego traballa na ampliación da rede autonómica destes centros, o que permitirá abrir un novo en Ribeira

07/05/21 | 14:31 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social licita o equipamento da residencia de maiores de Cerdedo por 215.000 euros

Pódense prestar ofertas ata o vindeiro día 25 deste mes de maio e o prazo de execución dos traballos é de 30 días

06/05/21 | 19:07 | C. de Política Social e Igualdade
06/05/21 | 14:27 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta estuda o emprego da tecnoloxía para coñecer a evolución da dependencia dos usuarios das residencias en tempo real

Gómez Santos asegurou que a pandemia evidenciou a necesidade de dispoñer da información detallada dos residentes de xeito permanente e actualizado

06/05/21 | 14:14 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta recibe 84 solicitudes para a apertura de novas casas do maior, que cuadriplicarán a súa implantación neste ano

Esta convocatoria permitirá a apertura de 63 centros, que se sumarán aos 20 xa en funcionamento