Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O Fondo de Proxectos Culturais do Xacobeo impulsa o ciclo de cine en galego ‘Cinegal’ que arrinca o venres
O secretario xeral de Política Lingüística participou na presentación da iniciativa que terá lugar no Centro Sociocultural de Santa Marta os días 19 e 26 de novembro e 3 e 10 de decembro
A Xunta crea a Rede Galega de Educación Dixital, con 78 docentes que asesorarán aos colexios e institutos para a súa transformación tecnolóxica
O obxectivo é prestar apoio e mentorización ao conxunto de colexios e institutos para que teñan plenamente operativo o seu Plan Dixital de Centro, a primeira acción da Estratexia Educación Dixital 2030, cun investimento de 120M€
O novo ciclo da Xunta "Música en salas" programa en Lugo 16 concertos de grupos galegos para impulsar a reactivación do sector
O delegado territorial, Javier Arias, subliñou que as actuacións desenvolveranse ata finais de ano e dan continuidade a outras medidas de apoio a estes establecementos tras as restricións derivadas da pandemia
A compañía aAntena coproducirá co Centro Dramático Galego o espectáculo baseado no texto gañador da Bolsa de Dramaturxia e Creación
A montaxe de Relato para un incendio, escrita por Ernesto Is, estará dirixida por Xosé Leis, con Bernardino Martínez como axudante de dirección
A Xunta consolida a súa colaboración para apoiar o alumnado con discapacidade visual
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade destina 245.000€ á esta acción
Román Rodríguez salienta o papel dos Premios da Crítica de Galicia para impulsar e recoñecer o talento creativo da comunidade nas últimas catro décadas
O titular de Cultura da Xunta asiste en Vigo ao fallo da 44 edición
Vigo acolle desde hoxe a mostra impulsada pola Xunta en homenaxe a Antonio Palacios
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, acompañado da delegada territorial da Xunta en Vigo, visitou no Museo do Mar de Galicia a exposición, que vén de abrir ao público, para ser visitada ata finais de xaneiro
Anxo M. Lorenzo anima a percorrer a igrexa de Santa Comba de Bande a través do libro de Celso Rodríguez Cao
O secretario xeral de Cultura participou na presentación deste novo libro sobre o primeiro Monumento Nacional da provincia de Ourense
A exposición 'Asinamos ser libres' promovida pola Xunta divulga a figura de Xela Arias en Boiro
O secretario xeral de Política Lingüística asistiu hoxe á inauguración da penúltima parada desta mostra itinerante, que permanecerá na vila ata o 28 de novembro