Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Medio Ambiente licita por case de 115.000 euros as obras de pavimentación da praza das Airas, no Barco de Valdeorras
A actuación, cun prazo de execución de 3 meses, prevé a canalización da rede de alumeado e comunicacións e de tendidos aéreos para evitar o impacto visual
Medio Ambiente anima ás protectoras a colaborar e enriquecer o futuro regulamento da Lei de protección dos animais de compañía para seguir avanzando na prevención do abandono
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reuniuse esta mañá con algunhas das asociacións rexistradas como centros de recollida de mascotas para explicarlles que a Xunta traballa para completar o actual marco lexislativo e coñecer o impacto que tivo o coronavirus na xestión dos seus refuxios
Pontevedra, con 74 galardóns, é a provincia galega co maior número de distintivos azuis
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, participou esta mañá no izado da bandeira azul á Praia de Portocelo, en Marín, un concello que nesta edición acadou un total de cinco bandeiras azuis para os seus areais e distintivo para dous centros azuis e para a rede de sendeiro
A provincia de Lugo lucirá este verán 27 distintivos azuis en praias, portos deportivos, sendeiros e centros de visitantes
A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, asistiu esta mañá ao izado da bandeira na praia de Xilloi, que xa recibira este distintivo o ano pasado e convértese nunha das 18 praias lucenses galardoadas na tempada actual
A Xunta formaliza a entrega ao concello o novo auditorio de Lugo, que se converterá no novo referente cultural
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda fixo entrega esta mañá das chaves e da documentación deste edificio, que agora pasa a formar parte do patrimonio edificatorio público dos cidadáns de Lugo
Este verán un total de 14 concellos da Coruña lucirán 37 bandeiras azuis nos seus areais
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, participou esta mañá no izado da bandeira azul á Praia de Laxe, un areal que na súa edición anterior non acadara este distintivo
Galicia participa na elaboración do primeiro censo simultáneo do oso pardo nas rexións da cordilleira Cantábrica
Xunto con Asturias, Cantabria e Castela e León, levarase a cabo por primeira vez un censo deste plantígrado de xeito simultáneo en toda a área de distribución do so pardo cantábrico empregando a mesma metodoloxía
Un alumno de 2º de Primaria do CEIP As Solanas da Guarda gaña a segunda edición do concurso #eusonpilabot
A fotografía gañadora leva por título ‘Xamais botes pilas ao mar’
Xunta e Ence asinan un convenio de colaboración para contratar durante 12 meses a persoas que acaban de titularse
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez; e o director de Ence, Antonio Casal, presentaron hoxe esta iniciativa
A Xunta aborda co comité de expertos económicos os tres primeiros proxectos tractores para reactivar a economía tras a pandemia a través da tecnoloxía, a biodiversidade e a economía circular e verde
“Presentamos tres proxectos tractores deseñados co comité de expertos: viables, con demanda e que teñen moito que ver coa Comunidade e co obxectivo de mobilizar investimento, innovación e emprego”, di o presidente da Xunta