Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Medio Ambiente e o Colexio de Rexistradores da Propiedade colaborarán para axilizar a tramitación das axudas ao alugueiro aos galegos afectados pola covid-19, dotadas con case 8 millóns
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o decano do Colexio de Rexistradores da Propiedade asinaron un convenio de colaboración para optimizar a xestión e tramitación administrativa das axudas ao alugueiro
Medio Ambiente actualiza a base topográfica de Galicia ao incorporar a totalidade da rede hidrográfica e revisar máis de 1,5 millóns de edificacións
O Instituto de Estudo do Territorio, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, traballou na actualización desta base de datos e mapas, que se traduce na posta á disposición da sociedade de case 9.000 arquivos dixitais
Medio Ambiente informa a favor da aprobación do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico-Artístico de Monforte
A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo conclúe que o documento aprobado provisionalmente o pasado 6 de xullo corrixe todas as obxeccións e consideracións que lle trasladara ao Concello respecto do plan inicial
Medio Ambiente estudará colaborar co concello de Larouco nunha actuación para mellorar os accesos ao núcleo de Seadur
A conselleira Ángeles Vázquez reuniuse esta mañá coa rexedora Patricia Lamelas, quen lle fixo entrega da memoria deste proxecto urbanístico
Medio Ambiente licita por 73.000 euros o contrato para determinar e mellorar o estado de conservación dos hábitats de turbeira
A actuación está cofinanciada pola UE nun 80% a través do fondo europeo para o desenvolvemento rexional ao abeiro do programa FEDER Galicia 2014-2020
Medio Ambiente analizará vías de colaboración para crear unha rede de voluntarios de usuarios de todoterreos para defender a contorna natural
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións e o representante da Asociación de usuarios de todoterreos (Odiseus), Carlos Mariñas Díaz, mantiveron unha reunión por vídeoconferencia
Medio Ambiente renova por 430.000 euros o contrato para o mantemento das 14 estacións da rede de calidade do aire de Galicia
A Xunta de Galicia é titular de 14 instalacións das 45 estacións fixas e móbiles que forman a Rede de Calidade do Aire de Galicia, que precisan dun mantemento preventivo e correctivo para asegurar o seu funcionamento conforme aos criterios de calidade esixidos pola lexislación vixente
A tartaruga Abanqueiro volve ao mar despois de recuperarse da inxesta de plástico mariño
Este exemplar de tartaruga común apareceu varada na praia de Abanqueiro en Boiro a comezos de maio e recibiu os coidados e tratamento do persoal da asociación Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños
Galicia despediu un mes de xuño moderadamente frío e con precipitacións dentro dos valores propios desta época do ano
O avance do informe climatolóxico de MeteoGalicia indica que foi un período marcado pola presenza das baixas presións atlánticas, que só se viron interrompidas por dous períodos cálidos e tormentosos a comezos e a final de mes
A Xunta destina 5,7 millóns de euros a concellos de menos de 50.000 habitantes para rehabilitar e conservar o patrimonio construído
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda concederá préstamos sen xuros para financiar actuacións de rehabilitación de competencia municipal así como para a adquisición de inmobles para a súa posterior recuperación