Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

28/12/21 | 13:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis 1,4 millóns de euros a explotación e mantemento da depuradora da Pobra do Caramiñal nos vindeiros 2 anos

Este contrato inclúe a xestión da explotación e conservación das instalacións para que cumpran os obxectivos de depuración en condicións óptimas de funcionamento

27/12/21 | 13:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 611.000€ a construción dunha senda peonil de 800 metros na PO-313 entre Pardavila e Cadro, no concello de Marín

O delegado territorial, Luis López, anunciou a apertura da fase de contratación desta actuación nunha visita á zona coa alcaldesa, María Ramallo

26/12/21 | 12:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe as ofertas de 3 empresas para executar a renovación da rede de abastecemento en Magros, no concello de Beariz, licitada por preto de 93.000 €

Dotarase dunha nova rede de abastecemento aos barrios de Aldea de Arriba e Aldea de Abaixo que asegure un caudal de auga mínimo ás vivendas e ás bocas da rega

25/12/21 | 16:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá máis de 1,65 M€ na execución dunha senda e da mellora de seguridade viaria na estrada po-308, entre Fontenla e Combarro, en Poio

A Consellería de Infraestruturas licitará nas vindeiras semanas as obras de construción deste novo itinerario e de eliminación dun treito de concentración de accidentes nese tramo da vía autonómica

25/12/21 | 16:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba o proxecto de construción da nova glorieta no cruce da Barquiña e do acondicionamento da travesía da estrada AC-550, en Noia

Construirase unha nova rotonda con 13 metros de radio na intersección desta vía autonómica coa estrada provincial DP-5704, de acceso ao porto da Barquiña

25/12/21 | 14:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción dun estudo de alternativas para a mellora do saneamento na parroquia de San Martiño de Lariño, no concello de Carnota

Os traballos, que suporán un investimento autonómico que supera os 17.500 euros, contan cun prazo de execución de 6 meses

23/12/21 | 14:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta construirá en Muíños un novo centro de saúde que duplicará a superficie do actual

O delegado territorial explicou que este centro de saúde aparece recollido na Fase 1 do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria aprobado pola Xunta de Galicia o pasado outubro

23/12/21 | 11:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 9 ofertas para executar a mellora do saneamento de Celeiro, en Viveiro, cun investimento de máis de 3,8 M€

Das ofertas presentadas, 8 delas están conformadas por UTE, o que supón un total de 18 empresas

22/12/21 | 18:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta insta a Costas do Estado a axilizar os trámites e aplicar sentido común para avanzar en actuacións estratéxicas de saneamento das rías e evitar a perda de Fondos Europeos

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade remarca no Parlamento que os requisitos do organismo estatal para a concesión de autorizacións demoran, e mesmo impiden, a execución de obras capitais a nivel socioeconómico e ambiental

22/12/21 | 13:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe as ofertas de 5 empresas para executar a senda entre Xornes e a Igrexa de San Xoán, en Ponteceso, cun investimento autonómico de 446.000 €

As obras deste novo itinerario na estrada AC-421 comezarán na primavera e o obxectivo é rematalas en 2022, xa que contan cun prazo de execución de 6 meses