Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Arias destaca a aposta da Xunta polos recursos sociais de proximidade na celebración do 10º aniversario do centro de día de Cospeito
O delegado territorial de Lugo salientou que o Goberno galego financiará obras de mellora do edificio, que ten capacidade para 40 persoas usuarias
A Xunta e o Concello de Santiago asinan a cesión do terreo no Castiñeiriño onde se situará a residencia de maiores pública financiada e construída pola Fundación Amancio Ortega
O centro de atención integral ocupará dúas parcelas unificadas que suman preto de 6000 metros cadrados
Fabiola García destaca que o Plan de Choque en Dependencia suporá a axilización máis importante do sistema nos últimos 15 anos
Permitirá reducir á metade os impresos que deben cubrirse para solicitar a dependencia e, con iso, reducir tamén á metade os tempos de espera
A Xunta de Galicia comezará o vindeiro trimestre a tramitación da reforma da Lei de inclusión social
O Goberno galego leva meses traballando nesta modificación normativa que conta coas achegas das entidades de loita contra a pobreza
A Xunta colabora coa asociación Xaruma na posta en marcha de programas de respiro familiar cun financiamento de 43.000 €
Irá destinado a reforzar o piso habilitado para estadías de varios días e programas de acompañamento
Galicia porá en marcha un Plan de choque en dependencia para axilizar o sistema, reducir os tempos de espera nas valoracións e crear novas vías preferentes
Feijóo afirma que a reforma supón unha simplificación normativa e administrativa que fará máis doado solicitar este tipo de atención.
Fabiola García insta o Goberno central a concretar cando enviará os fondos para poder ofrecer unha atención axeitada aos menores non acompañados de Ceuta
Confirma que Galicia “é unha comunidade solidaria” e que aceptará os 20 menores asignados polo Goberno
Antón Acevedo salienta a importancia da tecnoloxía na busca de solucións sinxelas e asumibles para o envellemento activo e saudable
Destacou a necesidade dunha reorientación das prestacións dos servizos cara ás necesidades das persoas, xa que Galicia conta cunha das poboacións máis envellecidas de España